Sucos: blog de Dores Tembrás


17 de maio 2011. Lois Pereiro IV
17/05/2011, 13:51
Filed under: Literatura, poesia

Da lectura íntima á publica. Dar á luz as anotacións persoais dos meus cadernos nun xesto obsceno. Non quería traizoarte, por iso as palabras inéditas agromaban ante lectores atentísimos. A distancia, a distancia era isto, era lerte, lerte só, nun cuarto cunha ducia de ouvintes, a soas. Cada poema esquina do lenzo que había de enxugarnos. Para desvelarte ías apartándome as roupas, o compromiso non admite impostura, e fechábasme os ollos. A miña última pregunta en pálpebras minguantes: que quedará de nós tralo vendaval?

a

levarasme a Berlín?

a

tódolos impactos

sete setenta e cinco

tódalas mentiras

enxugadas na asepse

e deslizas un verso

de Berhnard

implacábel

extinción

sen cicatriz

por cauterizar

no tránsito prometido

fosilizas o silencio de Mahler

Valery e o segredo

que só no teu ouvido

a

lévame

lévame ao encontro máis privado

con Hölderlin

amósame  a carta inédita de Rilke

a conversa na noite con Paz

o alento último de Fonollosa

prometo escoitar

ata a última vírgula

da discusión con Sartre

rirme coa última traxedia

do Shakespeare

último

na poesía última

a

porque o máldito adxectivo

ten dono

e aos demáis

só nos queda citarte

Advertisements

2 Comentarios so far
Deixar un comentario

E eu tamén estaba alí aquela tarde máxica de maio

Comentario por xdafonte

[…] orixinal pódese consultar aquí. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = document.createElement('script'); […]

Pingback por ’17 de maio 2011. Lois Pereiro IV’, por Dores Tembrás | Lois Pereiro




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s