Sucos: blog de Dores Tembrás


Poesía+grafiti no IES de Elviña
21/03/2011, 10:10
Filed under: Lingua, Literatura, Obradoiros, poesia

A pasada semana fun ao Elviña para unha sesión do obradoiro Poesía+grafiti. Sempre é fantástico regresar ao instituto dun, camiñar polos corredores como cando 14. A rapazada de 2º A e 2º B, os profesores Pepa, Lois e Charo. Non podía haber mais nin mellor predisposición.

Así falar da palabra, da imaxe. O poema. A mensaxe, o contexto, a potencia da poesía. E todos eles e elas, coas súas palabras, facendo versos. Ao marchar ver os post-its que logo anegarían o instituto. Eu xa coñecía algo aos cursos, lera algunhas entradas no seu blog uns días antes da miña visita, fan un traballo fantástico nel. Impresionantes os resultados que nos días seguintes puiden ler nos seus posts, grazas a adicación de Pepa para redondear os bosquexos que sairon do obradoiro:

Convertimos as rúas en poesía

Exemplo de grafitis

Xogando coas palabras

Ilusión, a poesía do soñador

Acción poética

Versos para soñar

Feliz de compartir con eles que o traballo coa palabra esixe compromiso, verdade. Saín pletórica (como di Yanca) tras dúas horas de achegas íntimas. Fico tan agradecida ao alumnado, a Pepa.

Non esquenzo o seu silencio despois de recitarlles o poema das cereixas.

Nas mans deles e delas está a poesía que ha de vir. Hai mellor celebración ca esta no 21 de marzo?

Desexos grandes de volver.

Advertisements

5 Comentarios so far
Deixar un comentario

Escoitando a SER entereime de que hoxe é o día mundial da poesía. E é raro, porque normalmente entérome dos días-mundiais-do-que-sexa cando xa pasaron…
O caso é que facían unha especie de enquisa a pé de rúa preguntándolle á xente o que é a poesía. As respostas eran de dous tipos: había quen dicía que é unha inutilidade pedante ou quen sostiña que a poesía “es algo muy bonito y muy romántico”. E punto: ninguén era quen de dicir algo diferente. Seguro que habería moita máis riqueza se os micros se dirixiran á rapazada das clases de 2º de ESO de Elviña.

Comentario por xdafonte

Dou boa fe diso!!! De feito o obradoiro comeza con esa pregunta: Que é a poesía? Entre as súas respostas as palabras emoción, sentimento, verso, pensamento… Sen prexuizos eles e elas saben cal é o centro da poesía, sen dúbidas.

Comentario por dorestembras

MOITAS GRAZAS polos vosos comentarios….
as nosas portas … sempre abertas…..
mentres agardamos a túa volta….
comemos cereixas
bkñs

Comentario por SEGUNDOESO

Outra entrada con fotos da visita ao Elviña. Tod@s poetas:

http://segundoesoieselvina.blogspot.com/2011/03/encontro-con-dores-on-photopeach.html

Comentario por dorestembras

E outra montaxe de fotos como actividade da biblio. Moitísimas grazas pola acollida:

http://www.edu.xunta.es/centros/ieselvina/node/537

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s