Sucos: blog de Dores Tembrás


Xeometrías penitentes, Stéphane Lutier
10/02/2011, 23:07
Filed under: creación, misc

Hai na fotografía de Stéphane Lutier un ollo preciso, perfeccionista, implacábel.

Coñezo o seu traballo dende hai un par de anos, tiven a sorte de que me retratase (a foto do blog e da web é súa). Achegueime á súa obra da man do pintor Manuel Suárez, que foi quen mo presentou.

Hai uns días visitei “La geometría de la penitencia”, unha exposición que se presenta no COAG e que, baixo o leitmotif do cárcere da coruña, amosa a arquitectura do abandono, a ruina da prisión, a penitenciaría esfarelándose. Velaí a palabra: penitenciaría. (elevación de pálpebras, boca entreaberta, a descuberta, a conexión)

Son 25 fotografías en branco e negro (sempre en branco e negro), dunha fondura que conmove, nada afectada. Fóra dentro fóra. E as miñas visitas ao cárcere asáltanme na súa proposta. Recupero algunhas palabras, que veñen de lonxe, versos que aínda non, e que me levan a coller o caderno italiano do andel, a buscar as notas, a mirar os bosquexos infantís, as cartas da exposición de Coixet e Berger.

E non sei se as palabras se superpoñen ás imaxes ou viceversa.

Transcribo aquí as notas sobre unha das celas:

Sobre a mesa apuntamentos de galego: 17.3.18

O verbo declinado.

E noutra páxina exercicios de pronomes.

O nome escrito na parede a lápis: UXÍA

eu: O catre metálico, revestido de encaixe, os barrotes, o algodón. Coma tapar o sol co índice. Agochar a ferruxe, o medo, cos encaixes da infancia.

Le cadre métallique, revétu de dentelle, les barreaux, le coton. C’est comme cacher le soleil avec un doigt. Cacher la rouille, la peur, avec les dentelles de l’enfance.

ti:

Magnífica


3 Comentarios so far
Deixar un comentario

Miráchedes dende o mesmo punto como se houbera unha cruz no chan. Fermoso

Comentario por abm

Muchas gracias Dores …

Comentario por Stéphane

Stef, gracias a ti, por el encuentro :)

Comentario por dorestembras




Deixa unha resposta a dorestembras Cancelar a resposta