Filed under: misc
Sempre estou a dicir que un día escribirei un post sobre as pequenas cousas que me fan feliz. Mais que pequenas, cotiás. Esas que poden pasar desapercibidas. Das que poderíamos esquencernos se nos preguntasen pola FELICIDADE.
Pero hoxe erguínme pensando nelas. E reparei no feliz que me fixo o último filme de Jeunet, a lectura de Suite Francesa, de Nemirovsky, a felicitación coa que non contaba e chegou, o cd de La casa azul que non me canso de poñer. Pero tamén esa canción marabillosa de Coque Malla, Berlín, sempre Berlín, coma no último poema que lle estou a escribir a Lois Pereiro para unha homenaxe.
Pensei nunha conversa recente sobre estilográficas vintage e tintas, cómplice. Ese libro delicioso de Papiers Fantaisie, no que aparecen envoltorios de xabróns franceses do s. XVIII. Esa confidencia inesperada en praia Bávaro. Nos últimos moldes para galletas. Na descuberta da estética de “Mad Men”. Escrebo isto e penso que podería clasificar en apartados: libros, música, filmes, obxectos, conversas-encontros, outros.
Si, podería falar da emoción estética (merece post aparte), da súa potencia atroz cando nos alcanza, de como quero fixar eses instantes. Non me canso de redescubrir o xenio de Jeunet, as expectativas con Haneke, ou o que sentín ao escoitar a Rivas na homenaxe aos represaliados, na historia que aquel home me agasallou (sobre a sarna, o xofre, o aceite, e as escolas republicanas), na última sesión do meu obradoiro, na palabra que aínda non che dixen, pero que está…
1 comentario so far
Deixar un comentario
[…] estética: https://dorestembras.wordpress.com/2010/12/31/o-cotia-e-a-emocion-estetica/ […]
Pingback por Febres « Sucos: blog de Dores Tembrás 04/01/2011 @ 17:16