Sucos: blog de Dores Tembrás


TEDxGalicia 2010
28/11/2010, 21:28
Filed under: Conferencia, Evento

Talento. Esa era a proposta. A promesa. A expectativa do TEDxGalicia 2010: Cara unha sociedade movida polo talento.

Entrar no auditoriodo CGAC e a estética de TED tan inmediata e recoñecíbel. As charlas magníficas de Barry Schwartz e Ken Robinson.

A proposta local: sete ponentes. Seis homes, unha muller. Cinco charlas en castelán, dúas en galego. No auditorio 100 persoas.

Non quero facer unha lista de críticas, sobre todo porque creo que o importante foi que se fixese. É doado subestimar a organización que require un evento destas características. E eu quero felicitar á organización polo esforzo, polo traballo.

Quizáis a chave resida nas expectativas que xenera a marca TED, o formato global que tódolos asistentes coñecíamos. A esencia de TED é a calidade do contido, a capacidade de comunicación dos ponentes, a vangarda na análise de calquera das áreas que toca.

Teríame gustado asistir a un encontro con ideas orixinais, xeniais. Neste sentido a filosofía de TED é diáfana. Os ponentes non se limitan a expoñer un tema, se non que focalizan a súa intervención nun concepto, centrando a  súa aportación, a súa análise nel, diseccionándoo ó máximo. Abren moitas fiestras (verticais, horizontais, transversais) a partir dese centro. Son inspiradores, estimulantes. Algúns mesmo crean un corredor novo no cerebro de quen os  escoita.

Hai unha cita de Chomsky que fala por si soa: “Non deberíamos estar buscando herois, deberíamos estar buscando boas ideas”.

TED sabe iso. Por iso os seus poñentes son como son.

Poucos conceptos tan potentes como un auditorio que vai escoitar a alguén que ten algo que dicir.

Seguro que TEDxGalicia 2011 saberá aproveitar mellor iso.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Grazas, somos conscientes de moitas cousas que mellorar de cara ao 2011. Acabamos de nacer e a nosa ilusión é medrar na liña que apuntas.

Comentario por Marcos Perez




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s