Sucos: blog de Dores Tembrás


Galeusca 2010
03/11/2010, 22:52
Filed under: Evento, Literatura

Os pasados días 29, 30 e 31 de outubro tivo lugar a XXVII edición do GALEUSCA na Coruña. É o segundo ano que teño a oportunidade de asistir, e de novo a sensación de estar participando nun encontro histórico. Non pretendo facer un repaso ás mesas de traballo, que xiraron arredor da industria cultural, as viaxes na literatura,  e os vellos e novos soportes; mesas nas que houbo de todo: intervencións interesantes, orixinais, frescas, outras máis densas pero que, en calquera caso, sempre nos obrigan a posicionarnos, a tomar conciencia, a preguntarnos …

Quero recoller apenas uns apuntamentos persoais do que foron estes días, destacando o encontro con escritores consagrados da nosa delegación: Xavier Seoane, Xavier Docampo, Xulio Valcárcel, Ánxeles Penas, Marica Campo, Pilar García Negro, Francisco Castro, Anxo Angueira,  Xina Vega e máis novos: Marcos Calveiro, Alfredo Ferreiro, Eduardo Estévez, Begoña Paz, Diana Varela, Laura Caveiro, María Lado, Lucía Aldao, Olalla Cociña entre outros.

Interésanme sempre este tipo de foros onde escritores de diferentes xeracións temos a oportunidade de coñecernos e falar non só da situación da lingua, da literatura, senón de dar un paseo ou tomar un café para falar devagar e preguntar por esa obra que nos fascinou.

O encontro coas outras delegacións é sempre productivo, a pesar de enfrontarnos a diferentes problemáticas, o GALEUSCA  é ese espazo real no que nos recoñecemos galegos, vascos e cataláns. Descuberta de Nikolas Zimarro e Urtzi Urrutikoetxea. Tamén de Ignasi Riera, a quen non vou poder devolverlle nunca esa conversa deliciosa sobre o seu traballo de editor, e tódalas historias mínimas de cada libro.

Xenial:

Escoitar a Docampo, ese contador exacto e fascinante que pode falar da infancia ou da defensa da lingua coa mesma entrega, toda a entrega.

Ter a oportunidade de conversar con García Negro, que coñece as vértebras da lingua, do que somos; ou falar de Pizarnik con Marica Campo.

Recitar con Olalla Cociña, (por fin!!!) e dende a cadeira repetir esa alfaia de catro versos na que o desexo.

E tódolos cafés, moitos, moitos, ao longo destes días, imprescindíbeis para continuar coas preguntas e o debate, para estar, na complicidade de quen traballa coa palabra.

Advertisements

3 Comentarios so far
Deixar un comentario

Dores, a tí véxote tan vitalista e entusiasta que xa non sei se crer que as marabillas o son porque tí as ves, ou porque o son.

Comentario por Zeltia

:) querida Zeltia, non hai diferenza, seguen a ser marabillas

Comentario por dorestembras

[…] Galeusca 2010 […]

Pingback por V encontro dos novos escritores « Sucos: blog de Dores Tembrás




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s