Sucos: blog de Dores Tembrás


Littera e emoción
26/10/2010, 10:37
Filed under: Literatura

Mantiña hai pouco unha interesantísima conversa sobre a emoción e a memoria. O meu interlocutor mencionaba un artigo que lera recentemente e no que, simplificándoo moito, se expoñía que a emoción podía afectar de dous xeitos, polo menos, á fixación de dados:

-a primeira é que cando algo nos provoca emoción fica retido na memoria a longo prazo. E pensei no mecanismo do revelado.

-a segunda é que se quen nos transmite provoca unha emoción en nós, é querido por nós, fixaremos unha alta porcentaxe do que nos transmita. Isto referíase sobre todo a mestres e pupilos: os nenos que queren ao seu mestre aprenden máis. Son mellores receptores do que el lles conta.

A emoción. Ás veces cando pregunto nos obradoiros ou nos monográficos que é o que lles ofrece a literatura, xorde a palabra emoción. Lemos para emocionarnos. O que me fixo preguntarme se escribimos para emocionar.

Non teño a resposta aínda. Os monosílabos pode que sexan reduccionistas demais nesta ocasión.

Pensei daquela no papel de determinados mestres (no sentido de “maese”, non como mera traducción de profesor. Alguén do que sentirse un discípulo). Repasei aqueles que xogaron un papel fundamental ou importante na miña vida, e si, nas aulas emocionaban, contaxiaban esa paixón polo que estaban a contar. Argallo factores para unha posíbel ecuación: predisposición pola materia + mestre apaixoado= discípulo apaixoado (ou o que é o mesmo: feliz)

Pero que pasa cos libros?  Preferimos as obras que emocionan? É esa a esencia da literatura? O seu obxectivo? De que falamos cando falamos de emoción?

Na RAG: Estado de ánimo pasaxeiro causado pola sorpresa, o medo, a alegría, etc, caracterizado por unha leve alteración física, e psiquíca.  No Xerais: Estado de ánimo de carácter afectivo e grande intensidade que altera o estado psicofísico do individuo, e que xeralmente se produce por unha situación ou estímulo externos. No Diccionario de Portugués da Porto Editora: acto de deslocar; comoçao; alvoroço.

Pero a historia da palabra: commotio, permotio.

Por iso “conmoción” ten máis forza para  min, quizáis porque está máis perto da orixe: impresionar, perturbar, axitar.

Interesaronme dous aspectos destas definicións: o “pasaxeiro” e o “afectivo”. Porque reflexaron con bastante precisión un dos posíbeis procesos que se experimentan na lectura. Porque lle puxen palabras ao moito que estranei a algúns suxeitos poéticos, tamén a Misia Chinta, a Eszter, a Lievin, a Amaro, a G. e a tantos tantos outros despois de fechar o libro.

Interesaronme dous aspectos destas definicións: o “pasaxeiro” e o “afectivo”. Porque reflexaron con bastante precisión un dos posíbeis procesos que se experimentan na lectura.
Advertisements

2 Comentarios so far
Deixar un comentario

Algunha vez teño falado con certos compañeiros do importante que é “querer” un pouco aos alumnos para darlles clase, terlles cariño, transmitirllo. Non sei que pasará polas súas mentes, pero aparentemente noto aos meus alumnos máis conectados co que eu lles explico cando eu son cariñosa e atenta con eles. Ademias, é moito máis livián convivir con eles dese xeito, con todo o mundo a fin de contas:)
Penso que foi nun artigo de Punset no que falaba sobre a memoria, onde lin que lembramos só aquelo que nos causa algún tipo de fenda, que lembramos emocionalmente. Non me custa estar dacordo:)
É unha tontería, pero a conexión chega cando hai algo que conecta. Se non hai chispazo, andamos en paralelo, sen encontrarnos.

Comentario por abm

[…] decidín aproveitar a suxerencia de falabarato e escribir da madalena. – Onte Dores trouxo madalenas ó obradoiro, de chocolate, de noces. Feitas por ela. Todos sorrimos cos ollos […]

Pingback por madalenas para o ánimo « fálasme a min?




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s