Sucos: blog de Dores Tembrás


Obradoiro de literatura no Fórum (Outono 2010)
13/09/2010, 23:20
Filed under: Obradoiros

Vai esta nota un pouco tarde, pero aínda hai tempo.

Comezou hoxe a preinscripción para un obradoiro que darei no Fórum Metropolitano (Coruña) este outono, tódolos mércores de 17:00 a 18:30. Nel traballaremos con textos de literatura galega, dende os clásicos ata o recén saído do prelo. Compartiremos lecturas e impresións debullando a palabra. A proposta: explorar os distintos xeitos de ler e escribir, os modos cos que nos enfrontamos á obra literaria.

A preinscripción  está aberta ata o mércores 15, pero no caso de non cubrir tódalas prazas será posíbel facelo a partir do 23 de setembro. Para ampliar información é mellor dirixirse directamente ao Forum. Aquí deixo o anuncio do programa de lecer completo.

Advertisements

3 Comentarios so far
Deixar un comentario

E quen puidera dispór dos mércores á tarde como para ir a Coruña a aprender algo de proveito… Moita sorte nese obradoiro. Que fortuna para os que poidan asistir!

Comentario por náufrago

Hoxe fun comprobar as listas do sorteo…
e estou contigo!

Comentario por zeltia

Ohhhhh!!! Fantástico!!! Desexos grandes de comezar :)

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s