Sucos: blog de Dores Tembrás


Alentos ao vacío ou da obra de Manuel Suárez
11/09/2010, 21:52
Filed under: creación, Evento, presentacion


Arredor de dous anos leva o pintor Manuel Suárez traballando nesta nova liña onde o branco é omnipotente e a arquitectura de cada peza se sofistica no minimal máis depurado.

O entusiasmo e traballo exquisito de Moret Art foi o marco para a presentación do Blanco María medio tono este pasado xoves.

Recuperar o momento no que vin aqueles tres primeiros cadros, cristalizacións albinas, case cegadores.

Confesaba na inauguración que me tería gustado compartir algunhas das reflexións que Manuel me apuntou durante ese período frenético no que el pintaba e eu escribía, pensamentos sobre a soidade creadora, os límites expresivos, ou a complexidade do proceso de abstracción no que se vía mergullado e que tamén me inoculou a min.

Tampouco o farei hoxe porque o mellor é contemplar a obra, froito preciso e delicado dun longo proceso de maduración que tiven a sorte de vivir de perto, e que me permitiu escribir 15 poemas para 15 cadros, tentando apreixar o frío polar, a vía salaria, o Hanami.

Imprescindíbel esta exposición que está aberta ata o 15 de Outubro na Sala Moret Art (Olmos, 12-14, B-C, A Coruña) e na que desexo que sintan algo do que eu experimentei na vez primeira, e é que están ante unha obra extraordinaria.

a

3

pero eu sei

que sobes cada chanzo

soltando presas de sal

-15º

a

miras arredor

ópera do frío

na tuomiokirkko

a

quen soubera

daquela

que a neve

non era

antídoto

para covardes

Advertisements

5 Comentarios so far
Deixar un comentario

Magnífica exposición, magnífica

Comentario por abm

¿Ti escribiches 15 poemas para estes 15 cadros?
e onde podo ler os poemas (antes de ver os cadros) :)
hai un libriño, ou onde se poden ler?

Comentario por zeltia

Si, Zeltia, escribín :) Pero non están publicados aínda. (Desexos dun libro branco).Dous dos poemas,o que está aquí e outro no blog de Manuel Suárez podes lelos na rede. Pero na exposición hai un libro “especial” no que aparecen tódolos textos. De momento só alí poden verse.Asi que anímate a vir por Coruña e pásate a vela!!

Comentario por dorestembras

Grazas, irei!, que vivo na Coruña
:D

Comentario por zeltia

Boa noite. Magnífica a exposição, e poder ler ali os poemas, depois de vê-la, com toda a carga de intensidade presente. Parabéns por este diálogo entre poesia e pintura no sereno abismo branco do encontro mútuo.

Comentario por Ramiro




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s