Sucos: blog de Dores Tembrás


Canido spirit
06/09/2010, 00:43
Filed under: Evento, recital

Foi o de onte un día intenso que rematou á tardiña cun recital no que Alba Cid, Yolanda Castaño, Lucía Aldao, María Lado e eu compartimos poéticas e verso. Anoitecía nunha das fachadas magníficas de Canido, con menina de Moncho Borrajo incluida. Pasamos a tarde percorrendo as rúas, atopando magníficos pintores e veciños que, pincel  ou spray en man, tomaban as fachadas das casas. As nenas, meninas por un día, de beizos vermellos e fru-fru de saias.

Foi fantástico compartir espazo coas outras poetas: ir da man de Alba, morder a mazá de Yolanda, percutir con María e Lucía ata o estalido, ler as casas do pouso.

Non podo máis que voltar agradecer a Eduardo Hermida o convite,  a organización (máis de 150 artistas) e a oportunidade de participar nunha xornada onde a arte asalta o cotiá. Fechei os ollos para abrilos e saber que non estaba en Berlin, London ou København, alí, fronte aquel escaparate desamparado da Tafona, vivín o espírito CANIDO.

Advertisements

4 Comentarios so far
Deixar un comentario

Mágoa que caese tan lonxe do Canido vigués. Sería bonito deixarse anegar pola vosa poesía.

Comentario por náufrago

Saude Dores,
solo un saludo para hacerte llegar la alefria de haberos tenido tan cerca y tan rasantes volando como Canido lo sueña. Fue un sabado como “un bello verano”.
Leo poemas sueltos y me voy por las ramas encantado.
unha aperta

Comentario por karlotti

Debeu ser emotivo ese espíritu Canido, coas ondas de todas vós polo ar.

Comentario por zeltia

Grazas a todos polos comentarios. Foi un día fantástico, un encontro de poesía na rúa dos que pagan a pena viver.

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s