Sucos: blog de Dores Tembrás


Creación. A árvore e os frutos de Torga.
25/08/2010, 15:03
Filed under: creación, Literatura

Xusto nestes días pasados nos que insistía, inmisericorde, na creación, no enigma, na comuñón, chego, ou chega onda min Bichos, de Miguel Torga. Estabamos en Porto, nun deses postos de libros que van dende os últimos best-seller, pasando por contos infantís, chegando a libros-obxecto raros.

E o encontro foi puntual, coma unha cita que tiña esquencido pero que  igual se presenta. Así, vexo a portada e teño de volta 19 anos, na facultade, Salinas Portugal e a literatura lusa abrindo fendas. Apenas lembraba os relatos de Torga pero si a sensación da boa literatura. Velo e sorrir foi todo un. O prólogo magnífico. Xusto neses días nos que a creación. A cita da árbore e os froitos. Aí, para min. EXACTA:

“Nenhuma árvore explica os seus frutos, embora goste que lhos comam.”

A cita é todo iso, certo. Pero quizáis, uns máis voyeurs ca outros, por iso cando a comuñón que tentador ir máis aló da mirada, do aceno.

E penso todo isto mentres a palabra ÉXITO merodea, serei máis precisa, mentres merodeo a palabra ÉXITO en relación coa obra de arte  (pero sobre isto escribirei outro día), cuestión que Torga tamén aborda no seu prólogo.

Porque o escritor portugués nesta carta-limiar, que é unha marabilla,  alude á intemporalidade da obra, á posibilidade de que as xeracións que nos sucedan atopen no seu Bichos o mesmo pracer que atopamos nós. E foi aquí onde pensei noutra variante da comuñón, a que se da entre o público, entre dous lectores, por exemplo. Si, a natureza é distinta a aqueloutra, pero, o movimento é xémeo. Nun concerto de música, nun filme, nun museo dous descoñecidos ante o mesmo cadro-foto-escultura-instalación, nun recital, nunha conversa sobre un autor.

A comuñón só acontece no intransferíbel. Por iso a urxencia inherente para sentir, por un instante, que derrotamos a solitas.

Advertisements

Deixar un comentario so far
Deixar un comentario



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s