Sucos: blog de Dores Tembrás


camiño de Oz en compostela
24/08/2010, 18:40
Filed under: recital

e as pegas rebuldás

cubriron as rúas

o asfalto nevado de noces

e todos

cos zapatos de Dorothy

en compaña do lobo

choutando nelas

Así foi o sábado, á tardiña, na praza Cervantes. E non podo, aínda que queira, contar o que foi recitar dende o balcón da librería Couceiro, alí, pedra con pedra, a fonte, os benqueridos. A primeira vez en Compostela.

Emma Pedreira, Ana Cibeira, Begoña Regueiro, Teresa Seara e eu, asaltando viandantes, pelegríns, amigos a golpe de palabra, na praza que se enchía de cadeiras improvisadas. Tamén Lupe Gómez e Luz Fandiño, escoitas atentísimas, amigas, cómplices no verso.

Os que non estiveron poden acreditar, a praza Cervantes, durante unha hora de agosto, nevada de noces.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

oooh… gustaríame ter estado alí, na praza, escoitando, vendo, sentindo.

Comentario por zeltia




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s