Sucos: blog de Dores Tembrás


Antía Otero vs Dores Tembrás
24/08/2010, 18:36
Filed under: recital

Foi hai semanas, en O’delito. E o encontro entre a nena das cookies e a nena da terra a tempo parcial foi como tiña que ser. Porque, aínda que poéticas distintas, ambas compartimos a chave da porta de Alice.

E alí, nesa praza aberta á palabra, Pedro Ramos -único- preséntanos coma púxiles experimentadas. WORD SLAM TITLE, que cada primeiro domingo de mes convida a dous poetas e abre os micros a quen se atreva.

Entre os que se achegaron tantísimo poeta recoñecido: María Lado, Eduardo Estévez, Ramiro Torres, Xoán Abeleira… que fixeron da mañá un encontro fantástico.

Esa mañá de domingo foi un agasallo.

a

Primeiro asalto

a

A

a

Sabes?: Antes non

agora si percorro

e miro copiloto

a

penso na perfección

do lugar

a

no groso da película

a

na desnutrición que quero darme

a

pregúntoche pola miña responsabilidade

neste día que decido pesar os cadernos

verter os líquidos

cargar as espirais baixo a luz vermella

do cuarto escuro e falarche ás tentas

entre o fregadeiro e o armario

a

coser a historia

cun dobre fío

revelar os quilos

coa visión

dun colirio

a
a
a

para que me mires

a
a
a

no (retro)visor

a

D

a

Prendes as luces, incauta

sen saber que agora

vou eu

no asento de atrás

-diante-

e os segredos por vir

vouche contar un par de segredos, si?

tamén eu sei de cuartos escuros

na infancia

do recendo dos líquidos

nas cubetas

pero películas distintas

e sabernos así

baixo as luces vermellas

tan outras

transcribindo historias mínimas

para mirarnos

e sen embargo os colirios

o seu poder

da túa man

no (retro)visor

a
a

Segundo asalto

a

D

a

e non houbo amparo

naquela mañá do vintesete

o ceo caído

na ponte da marquesa

para a nena

que viu pasar os veloces cabalos do Rei

embarradas as medias

e era mágoa

el nin sequera escoitara os aplausos

ela pensaba

ata a escola

7 km

a

A

a

Daquela a nena pensou

que se bicaba

unha rá

o príncipe viría e…

a

-Non, aquela mañá

ela decidiu que sería Republicana-

Advertisements

Deixar un comentario so far
Deixar un comentario



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s