Sucos: blog de Dores Tembrás


O segredo de Marco Polo
30/07/2010, 22:49
Filed under: Evento, Literatura, presentacion

Aínda que xa o anunciou o querido Francisco Castro no seu blog, eu tamén quero deixar constancia do feliz que me fai presentar a súa novela O segredo de Marco Polo o vindeiro luns 2 ás 20:00 na Feira do Libro da Coruña. No acto participarán Victor Freixanes, o autor e eu.

Problemas severos para escoller que dicir na presentación; despois dunha lectura atenta os post-it amoreándose nas páxinas, e tanto detalle interesante para contar o luns… Palabras chave: Venecia, S. XIII, Marco Polo, Marco, Principessa Naia, LIBERDADE, FASCINIO, AMOR.

Prometo revelar algunhas fosforescias desta recomendadísima novela o luns á tardiña.

Advertisements

4 Comentarios so far
Deixar un comentario

Alí estarei! Xa estou a facer os deberes;)

Comentario por abm

Un náufrago feliz e agradecido conta para atrás minutos e segundos para escoitar as túas palabras.

Comentario por náufrago

Parabéns polo magnífico comentario do libro. Encantoume a paixón que lle puxeches á explicación da novela.

Comentario por albixoi




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s