Sucos: blog de Dores Tembrás


Os mariños imposíbeis de Gaultier
21/07/2010, 23:49
Filed under: creación, misc

Transitan estes días pola Coruña algúns mariños imposíbeis de Gaultier que me deslumbran con esa estética tan estética, as listas brancoazuis, os corpos ofrecidos a sí mesmos, e algunha onda al agua.

Míroos coma recén sacados do anuncio do modisto. Fascinada analizo ese total look severo.

E mentres vou no coche penso que un post sobre isto é impensábel. E valoro as posibilidades:

haberá quen o interprete como o anuncio do meu gusto polos homes ben vestidos

haberá quen agarde unha reflexión final sobre a palabra, sobre a crise, sobre a lingua

haberá quen se decepcione coas liñas minimal, simplistas, se queren, do contido

E mentres escrebo isto desafíome na procura dun final deslumbrante, que lle dea a profundidade máis profunda ao post, que deixe pampos aos posíbeis decepcionados, que me reconcilie cos incrédulos, e sen embargo, quero prescindir de calquera parafernalia conceptual, tan necesaria outros días. (Tentacións de falar de Deleuze e o desexo. De porque os homes que vestían camisetas de raias me levaron a Jean Paul,  de como o modisto crea toda unha atmósfera para un perfume ou unha prenda, facéndoo recoñecíbel no mundo enteiro. Gaultier apropiouse dun uniforme de traballo e elevouno á categoría de beleza.)

No fondo, só desexo que estean atentos e atopen os seus propios mariños de Gaultier, porque a beleza máis imposíbel pasa desapercibida a cotío, pero estes días asalta as rúas e desarma-paraliza os pensamentos máis elaborados.

Advertisements

4 Comentarios so far
Deixar un comentario

Tendas de obxectos náuticos, sempre devecín por elas…ainda que non entendera de mar. Tendas de nós, bracas e azuis, campás de bronce, mariños de madeira, barcos embotellados.
Non te xustifiques tanto, nena, a beleza é só beleza:)

Comentario por abm

Ohhhhhhhhh, a ironía non era tan explícita como cría ;)

Comentario por dorestembras

Nada superficial

Comentario por apoetaoculta

O poeta e amigo François Davó escribiume esta mañá unha mensaxiña deliciosa que lle pedín me permitise reproducir no blog. Velaí vai:
Ola Dores! Gústame o que dis no post, e o ton tan libre. E non busco xustificacións conceptuais nen as quero agora. Iso, si, discrepo un chisco, daslle méritos de máis a Gaultier, penso, se cadra el fixo da prenda algo recoñecíbel mundialmente, pero non fixo el dunha prenda de traballo algo bonito como dis ti: antes de Gaultier, moito antes, dou fe na miña adolescencia, alguns rapaces franceses xa a recuperaramos; e sabíamos que esa prenda de orixe masculina en nós cobraba un toque máis ambiguo, diríamos “femenino” naqueles tempos, para abreviar, hoxe falaríamos de estar nas dúas beiras. Así o reivendicabamos. Así a levei eu. E sigo! Polo demais penso que Gaultier, co frasco, tivo o mérito de facerlle un “clin d’oeil” a estética do filme de Fasbinder, do libro de Genet, “Querelle”. Unha aperta.

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s