Asistín estes días ao curso de verán organizado pola UDC e a CTNL: Traballando en lingua. Curso de verán sobre dinamización lingüística. Cando me fixeron o convite para participar cun relatorio vinme reflexionando sobre aspectos da normalización que antes non me plantexara. Algo tan básico como concluir que a normalización é intervención.
Impecábel a organización do curso con Goretti Sanmartín e Nel Vidal ao fronte dos equipos. E os/as cordinadores/cordinadoras das mesas de traballo, pendentes de cada detalle: David Cobas, Rosa Moreiras, Anxo Otero, Olga Patiño e Dores Sánchez. Un luxo.
Día 1:
Daniel Romero. Magnífico relatorio teórico centrando as problemáticas. A lucidez:
urxente non é igual a importante
demanda non é igual a necesidade
Xavier Campos. Abraiante capacidade de análise que permitiu abranguer despois dunha hora de palabras precisas unha parte importante da cartografía de política lingüística e política cultural. (Almorzo e entusiasmo compartidos)
Séchu Sende. Debuxos, poemas. O contador de historias que demostra o movimento camiñando: Implicación, Humor social, Socio-afectividade, Entorno Acolledor, Participación Institucional, Contundencia, Apropiación, Autoestima colectiva.
Ana Romaní. A radio (pero antes, con Goretti, rendida á súa poesía). Concisión e O Teatro Radiofónico na voz debullando o Premio: Fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio. Facilitar outro medio para os textos. Contacto entre creación e radio.
Lucía Aldao María Lado. ESPECTACULARES. Alí na cadeira do final do día, aplaudíndolles, rindo. Poesía, poesía, poesía.
Día 2:
Táboa redonda da mañá:
María Yáñez. A rede e todos eses proxectos prodixiosos, imparábeis, xeniais. Se naceu é porque había unha necesidade. E o optimismo.
Mº Xosé Silvar. Valor etnicitario. Música e lingua. O seu valor social. Apreciacións marcando os lindes.
Lucía Aldao. A creación como verdade. A reflexión poética inserida no proceso normalizador. Emoción.
Táboa redonda da tarde:
Leonardo Fernández Campos. (Curiosidade infinda polos videos de Eu falo, pero nunca antes en persoa. E miro de esguello o seu caderno rebordante de boli bic, de notas, de frechas, de maiúsculas). Verdades a présas, as anecdótas que fan reaccionar. Un pracer escoitalo.
Marta Souto. Análise das actividades que se poden desenvolver dende a normalización. A transversalidade. A superación en propostas orixinais.
Santiago Prado. A antropoloxía, a análise de actividades realizadas no ámbito do rural. Novos procesos de formación da identidade. Encontro comunitario e a nova palabra que me deslumbra: RURURBANOS.
Eu. Os clubes de lectura e tódalas dúbidas que durante os dous días modifican o meu relatorio. A lingua, a palabra. As portas abertas, as por abrir.
Concerto Sés. Impresionante espectáculo. Unha posta en escea coidadísima, dende a entrada das cantantes do coro, ata a disposición dos músicos, 7? 8? E tódolos borsalinos. Para rematar erguéndonos das cadeiras entre aplausos afervoados. INMELLORÁBEL fin de festa.
Pero coma en tódolos encontros imposíbel non pensar nos novos coñecidos, compañeiros e compañeiras de xantar e cafés. Imposíbel non mencionar as descubertas que fixeron que me sentira case soberbia por contar con xente tan brillante ao servizo da lingua.
3 Comentarios so far
Deixar un comentario
Non era un curso, sen dúbida, a palabra curso queda demasiado académica. Foi un espazo para a reflexión e o debate, transgresor e activo. Eu oínte a ti e a todos os demais e ando coa mente revolta estes días. Concordo contigo na lucidez das reflexións e na beleza na poesía de Aldao-Lado, coas que me emocionei moito. Todo me gustou, a mágoa e non poder achegar máis pola miña banda e quear en mera espectadora. As miñas descubertas son aínda maiores, dedicada a cursos e colaboracións cando me chaman. Parabéns pola túa intervención.
Comentario por xandra 19/07/2010 @ 11:37Dores, tamén eu estou moi agardecida por todas as descubertas que me fixeches persoalmente, sen dúbida o acopio de poesía para as vacacións mellorou de calidade coas túas achegas. MOitas grazas. Belén
Comentario por belén 21/07/2010 @ 00:45Como me aledan as vosas palabras!!! Foi un encontro fantástico. Belén, espero que falemos de vagar desas lecturas tralo verán. Apertas.
Comentario por dorestembras 22/07/2010 @ 09:23