Sucos: blog de Dores Tembrás


O patrón
12/07/2010, 00:02
Filed under: misc

San Cristovo. A casa familiar. As potas e os testos ateigando a cociña de leña. As bágoas con cebola, e o peixe co sal nas fontes, mentres a sopa, glub, glub. Subo os chanzos coa sopeira da tataravoa, Señor, que non me rompa a min, por favor…
E mentres se friten as patacas, os comensais na mesa coa empanada, póñome a moer o café, coma faría ela, e todo alí, como ben sabe Sándor Marai, nun remexido olfactivo único. Sen esquencer a pólvora, a herba segada de onte.

(Descubro no chinero, entre o pementón dóce, o zucre, algunhas pílulas e o Eko, unha fotocopia da crítica que lle fixo Eyré ao pouso. E cando abro a porta vexo a miña foto, en grande, fotocopiada. Déixoa alí, non hai mellor lugar.)

En días así gústame pararme no medio da voráxine de salsas e culleriñas para o café que non aparecen. Saio da casa, sento no hórreo, escoito aos convidados, as fiestras todas abertas, as conversas, e sei que leva sendo así por anos, por séculos. O calor calmo do medio día para mirar dende fóra, e saber que as pedras, que a couza.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

saber que o caldo, que a couza. Que a vida. Existe unha memoria sentimental que pode ser activada por calquera cousa. o recendo, por exemplo, que é perigoso, e nos pon a sensibilidade a mil. Que digo a mil. A mil e unha, coma as noites aquelas que se contaron nun libro bendito pero tamén ao pé dun horreo, voces que non levou o vento e que se concentran agora nun xeito de moer o café, nun xeito de estar no mundo, nun xeito de ser. Parabéns por este post. Fermoso a rebentar.

Comentario por náufrago




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s