Sucos: blog de Dores Tembrás


Lois Pereiro III
27/06/2010, 17:31
Filed under: Literatura

É emocionante. A decisión da RAG. O feito.

Miro os post-it en Poesía última de amor e enfermidade, o caderno do paxaro cheo de anotacións.

Penso nos amigos xa inoculados pola súa poesía. En todos os que quedan.

Penso nesa cita das balas que tomei para un poema da escrita do desexo, que aínda non.

Penso en tódolos adolescentes e escolares que chegarán agora a Pereiro.

Penso no moito que se vai ler.

Leo o artigo de Iago Martínez e asinto, e sorrío.

Sorrío e penso nos posts de febreiro (Lois Pereiro I, Lois Pereiro II), naquelas semanas léndoo, estudándoo, rendida. Rendida.

E na rayuela infinda.

Advertisements

2 Comentarios so far
Deixar un comentario

Ola, onte coñecín a dúas persoas que te coñecen ben, Rosa e Cesar. E logo de intercambiar varios comentarios, fixeron que nacerá en min unha semente de curiosidade por coñecer a túa obra. E o pouco que teño lido namoroume. Agora a por máis. Noraboa.

(Eu tamén veño de publicar o meu primeiro poemario: BERROS DENDE O ALÉN, se gustas podes ler algo meu en http://ramonogueira.wordpress.com/)

Comentario por Ramón Nogueira

Olá Ramón,

César e Rosa son bós amigos. Alédame que esa curiosidade te levase aos meus textos. Eu sen falta tentarei facerme con algo teu.
Moitísimas grazas polo comentario.

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s