Sucos: blog de Dores Tembrás


Citas (Sándor Márai)
17/06/2010, 21:44
Filed under: Literatura

Pensaba mentres escribía a cita de Sándor Márai, no twitter, que hai cousas que non poden partillarse. A cita é a seguinte:

“La casa se llenó con un olor a comida caliente, con el olor eterno e inolvidable de los días festivos, cargados de experiencias vitales” (La herencia de Eszter, Sándor Márai)

Despois de reducila, de prescindir de tres palabras para que collese nos 140 caracteres do twitter, pensaba que así, sacada de contexto, é unha cita que non di todo o que ten que dicir. Eu marquei esa cita por moitos motivos.

Porque eu xa coñezo a casa das protagonistas, co seu xardín (coas últimas dalias), con esa louza antiga, algunha descunchada, e a cubertería de prata con croques. Porque as dúas mulleres que habitan esa casa non son ningunhas outras, Eszter e Nunu son únicas. E son elas a orixe dese recendo inconfundíbel dos días de festa, dos días do patrón coma o San Cristovo, ou o Biscordel.

Os días nos que a cociña se acende ben cedo, e as potas están a ferver nun frenesí de sopa, guisos, peixe, todo no ar coa empanada e a bola de ovo, e as froles da horta en búcaros de cerámica espallados polas mesas con manteis almidonados. E xa se intúe o recendo do café, que se moe no momento, incluso hai algo das augas de colonia dos convidados, case me atrevo a dicir que os colares de pérolas herdados tamén contribúen co seu recendo a caixón de alfaias. Así, todo xunto, nunha harmonía olfativa que Márai mamou, os recendos coma este son os da infancia, levámolos a ferro.

Daquela escrebo a cita, si, obstinada en compartila, en espallar o tributo a esa experiencia vital, definitiva.  E asumo que moitos non verán nada digno, grandioso ou elocuente; pero para min, aí, alóxase o centro do universo, escrito cunha delicadeza brillante.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

A miña cociña non ule a día de festa. A miña cociña ule a sobremesas. A mesa a medio recoller, migas de pan, manchas de salsa, pratos amontonados, ocos feitos para poñer as pequenas cuncas que espero herdar, cinceiros recordos da Coruña (xa ves), tabaco e chisqueiro, mulleres.

Por outra banda, pode haber unha palabra máis bonita que Biscordel?

Comentario por abm




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s