Sucos: blog de Dores Tembrás


Memoria
06/06/2010, 09:41
Filed under: misc

Tiña escrito un post sobre a memoria (que  é medio así, traidora): o sillín dunha motocicleta vella, unha caixa de Flanín. Pero ao final todo eran tópicos, o paso do tempo, bla bla bla.

Borreino.

E é que o resultado destas olladas ao pasado sempre é o mesmo: unha remata tendo cinco anos e mirando oblicuo aos obxectos.

Advertisements

5 Comentarios so far
Deixar un comentario

Mirando oblicuo a los objetos…

bella imágen y además una manera muy segura de mirar.

:)

Comentario por marcelo

“Uno que siente el recuerdo con la fuerza de un golpe inesperado en la nariz o como la asfixia de un buche de agua que entró por mal sitio, y el sabor de tal impacto se le sube a la cabeza, un sabor incoloro, rapidísimo, antes de las palabras”.

Ildefonso Rodríguez

Comentario por mica

bueno, e? qué ten de malo?
ti non ves que non se pode ser orixinal no que os miles de milleiros de persoas que antes ca nos foron sentiron dende sempre? e mais qué? quítalle mérito á descripción das emocións de alguén que é pai por primeira vez o feito de telo escoitado xa antes?
as emocións e os sentimentos non por repetidos perden a súa esencia e orixinalidade. (penso eu, eh)

Comentario por zeltia

Zeltia, non ten nada de mau :)
Pero o certo é que eu si creo que aínda se pode ofrecer algo orixinal, fresco. Os sentimentos, as emocións son universais, sen embargo a expresión que cada un podemos darlles…aí reside o reto. Ás veces un ríndese, encontra nas propias palabras un discurso repetido centos de veces antes e prefire non reproducilo. Pero outros días a palabra repetida mil de veces adquire un matiz novo, unha inflexión apenas e xa está, o prodixio aconteceu!

Comentario por dorestembras

ah, pois si, no do “matiz” estou de acordo; Aínda que ese matiz non sexa percibido polos demais, abonda con que exista para un mesmo.

Comentario por zeltia




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s