Sucos: blog de Dores Tembrás


O pouso no Elviña
30/05/2010, 22:10
Filed under: poesia, Pouso

O xoves levei o pouso ao Instituto de Elviña. Ao que foi o meu instituto. Entro, despois dunha década, e vexo á bedel, que me recoñece, á que saúdo, e toda a nostalxia no xesto. E alí, xusto alí, Pepa (A PROFESORA de lit. galega) e sí, pasou o tempo, pero podería ser que non, e unha ledicia atroz recuperada nas xemas dos dedos que a abrazan.

A sala de profesores, os mestres que están e os que non.

E lévame da man, ela, coma sempre, ata a biblioteca. Alí os exemplares do pouso nas mesas, e os rapaces e rapazas que teñen preparada a lectura dun manifesto sobre a literatura, sobre os libros. Emocionante. E aplaudo coma se a verdade da palabra acabara de abrollar daqueles asentos.

Somos o que xa eramos aos doce.

Descúbrome falando de poesía, da lectura, do meu proceso de escrita, das obras que me marcaron a ferro, dos mestres que alentaron, a chave das noces, e toda a vangarda.

Hai naqueles rostros a intensidade de quen le con devoción, de quen agarda pola seguinte páxina. E como estou na casa, as confidencias sucédense, coma se estivera a debullar fabas.

Papel calco desa impronta.

Bébeda de adolescencia, das preguntas lúcidas e os comentarios atentos, que poñen a proba algunhas das reflexións. Emocionada ao saberme alí, naquela biblioteca, onde tantos días. E sei que durante un par de horas a palabra para eles, para min. Aquí un post que fixeron sobra a visita.

Sinaturas en camiseta e papeis diminutos.

E o libro de fotos -os poemas en branco e negro- que agora conta cunha nota a lápis na primeira páxina: “Agasallo dos alumnos do Clube de lectura do Instituto Elviña. Maio 2010. Inesquecíbel Pepa e os rapaces!!”

Agradecida na emoción e feliz pensando no vindeiro encontro.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Mentres agardamos a túa volta… lembrámoste. BKÑS

http://primeiroeso2.blogspot.com/search/label/Pouso%20do%20fume

Comentario por primeiroeso




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s