Hoxe tiven a sorte de ir dar un obradoiro de poesía a rapaces, de entre 9 e 12 anos, ao Colexio Manuel Murguía.
Era a primeira vez que traballaba con nenos tan pequenos e veño impresionada. Foron algo máis de dúas horas xogando coa palabra. Definindo a poesía, aos poetas, ubicando conceptos como estrofa, verso ou rima, que eles mesmos me ían apuntando.
Pero o mellor foi o xogo coas fichas de sustantivos e adxectivos. De aí sairon os poemas finais, que aplaudimos entusiasmados. Prometinlles publicalos aquí, asi que preparádevos para unha verdadeira antoloxía poética infanto-xuvenil.
Foi un agasallo poder falar con eles de mazás transparentes ou do amor -todos namorados- e escoitar como se di esa palabra “redonda e vermella” en ucraniano, en chinés, en italiano. Ver como ensaiaban a palabra e melloraban as primeiras versións dos textos.
Compartir a emoción da poesía. Saber que tódolos nenos e nenas son poetas.Velaiquí o seu traballo magnífico:
Ti tés un furado longo/ porque a xente escarva en ti (Dani, 10 anos)
Meus ollos son os teus ollos/ miña boaca é a túa boca/ e noso amor é tan escintilante/coma as estrelas do ceo. (Sonia, 12)
Tu Amor es mío es tan /delicado como las rosas (Josemi, 9)
a noite sae(n) as bolboretas/ A noite é escura/ voan a noite nocturna (Adrián, 11)
el limón es imposible tocarlo/porque se ha chocado (Jonatan, 11)
Un espello é delicioso/porque te reflexas nel. (Miriam, 11)
A mazán transparente non pode ver nin oler solo pode comer (Marco, 13)
Mar estrelada/reflejo na auga (Manuel, 9)
Area tola é moi morena (Cristian, 12)
Lúa azul no es tan azul/ para ser unha lúa azul bucea por el mar/Lúa azul que parece un ángel /si quieres ser más azul haz amistades/ Lúa que parece unha naranxa si quieres ser azul tunéate hasta por la hoja/ Lúa azul para protegernos del sol haz un eclipse. (Jorge, 10)
que te he querido no niego que te he “querío”/pero tu tampoco niegues que me has fallado/coma unha árbore covarde (Soraya, 12)
O outono é magnífico porque é pacífico (Eugenio, 12)
Noite bela e lixeira/como as estrelas. Que boas estrelas que/sen elas/non iluminarían a terra. Que noite, que lixeira/como o amor son as estrelas. (Isaac, 9)
El sol frío/se queda fresquiño/con el frío y calorciño. (Wesley, 9 y medio)
Unha pedra vistosa e un amor nunha rosa. Como unha pedra vistosa enamoreime de ti pero unha rosa marchitada alexoume de ti. (Montse, 11)
Ao sonar a campá é sabrosa. (Alex G. 10)
El ceo es crocado y es dormilón (Samara, 13)
A prata húmida/mollouse pola chuvia. (Alejandro, 9)
Onte foi á praia a coller unha cuncha/pero a cuncha estaba empedrada (Sara, 10)
A cereixa da árbore é suave como a neve (Roberta, 9)
O pan quente é moi compracente (Alex Lavié, 9 años y 1/2)
Co amor do cadrado salvou á choiva de un relámpago (Noemí, 9)
Las bolas de inverno son redondas (Esmeralda, 10)
Quero agradecer a todos e cada un destes nenos e nenas que compartisen comigo tanta verdade, e ás profesoras e profesores que participaron ao longo da sesión o seu entusiasmo inesgotábel. Foi unha mañá xenial. INTENSA. DELICIOSA.
5 Comentarios so far
Deixar un comentario
Canto talento! Entendo ese subidón. É algo marabilloso. É un agasallo que eles e elas nos dán. Que envexa…
Comentario por náufrago 25/05/2010 @ 22:14Foi algo extraordinario.Envexa a miña de ver nas súas faces a verdade da poesía. BRUTAL :)
Comentario por dorestembras 25/05/2010 @ 22:22Fermoso, os nenos canto saben sen ter as experiencias que logo os transformará e os “formarᔿ? Cambiamos, o tempo danos outra perspectiva, erronea? realista? distinta eso sí.
Comentario por Milpedras 25/05/2010 @ 22:32Abraços fortes.
Ás veces penso que é precisamente a experiencia a que de-forma. E cando somos nenos non hai consecuencia ao acto. O mesmo coas palabras.
Comentario por dorestembras 25/05/2010 @ 22:45Calquera combinación é, sinxelamente, extraordinaria e posíbel.
“Ti tes un furado longo porque a xente escarva en ti”, que fermosura…
Comentario por abm 30/05/2010 @ 23:02