Sucos: blog de Dores Tembrás


Un ano de pouso
30/04/2010, 17:54
Filed under: poesia, Pouso

Hoxe fai un ano que o pouso saía á luz.

Un ano, tantas cousas. Pero hoxe só podo voltar agradecer. O día da cea das letras foi coma unha celebración anticipada.

E si, todo o que segue son tópicos, pero non por iso menos verdade.

Non imaxinaba cando lle entregaba as últimas probas a Miguel Anxo Fernán Vello o que sucederíaco poemario. É máis, durante ese ano de escrita, vendo medrar ao meu recén, os dous no salón, el na mantiña, eu cos poemas a voltas, non sospeitei que algo disto podía acontecer.

O pouso tivo sorte dende o minuto cero, primeiro por contar con un editor exquisito. Con dúas madriñas de excepción, Teresa Seara e Eva Veiga. Con unha obra magnífica para a capa, feita por Manuel Suárez. E por suposto polo apoio incondicional dos meus (familia, amigos); pero non, chamemos ás cousas polo seu nome, apoio non, amor. Porque o pouso é só un eco do que as xeneaolxías que me preceden me deixaron.  E si, a maioría dos textos aluden a pequenos-fundamentais actos de amor.

Si, si, si, adicta ao pasado.

Hai dúas razóns que explican por que escrebo e que están por riba de tódalas demáis. A primeira porque non podería deixar de facelo. E a outra porque ese estalido sublime da comunicación escritor-lector, emisor-receptor –o encontro- é do mellor que che pode acontecer na vida.

Daquela a tódolos agradecimentos aqueles, que escribía hai un ano, hoxe sumo a tódalas persoas ás que o pouso me levou. Persoas que chegaron para quedarse.  Persoas descoñecidas que nalgún momento se achegaron para facerme saber que o pouso, o pouso. Persoas que me descubriron o seu propio marmelo sanador, propietarios de desnatadoras sen uso, algunha adolescente falando das cuncas de cerámica chinesa e as cereixas nun pub calquera, a deshora, ou esa muller que o venres, despois do encontro, di en voz alta que ela tamén é a nena do río d’abaixo.

E así, así agradezo a oportunidade de terlle rendido a única homenaxe posíbel a ela, á do matriarcado anónimo, á que fixo do zurcido emblema, á da mirada sabedora, á que agardou embarradas as medias, á que me ensinou coa súa resistencia como desafiar a gravidade.

Un ano de pouso e digo, a peito descuberto, que foi algo extraordinario.

Compartilo, unha das mellores cousas da miña vida.

Advertisements

10 Comentarios so far
Deixar un comentario

Primero MOITÍSIMAS GRAZAS. Mi nombre es Toni y anoche escribí para ti

– POR AMOR AO AMOR E NON POR ODIO A –

Mi dolor es lo mas dulce lo mas dulce y
Siento el boca a boca de tus ve(r)sos

A presión das tuas mans
no meu peito, sinto….

Sinto que che debo todo o aire

Dóres, moitísimas grazas. Dous apertas ( unha grande e outra peque )Amorosas, moi Amorosas

Comentario por Toni

ola Dores, fermosísima celebración este texto, quentiño coma ti, precioso. Noraboísima e unha aperta, ganas de verte, Ana.

Comentario por Ana

A auténtica amizade existe cando unha se alegra infinito do que lle acontece a alguén a quen considera moi próximo. A min alégrame moitísimo ler hoxe esta entrada túa. Parabéns, Dores.

Comentario por Mercedes

Grazas polos comentarios!!! Vos sodes tamén dos que chegaron para quedarse :)

Comentario por dorestembras

COMO ADICTO TAMBIEN AL PASADO, SABES QUE BORRARIA EGOISTAMENTE “O POUSO ” NO LO PENSARIA DOS VECES. PERO SOLO TENGO PALABRAS DE AGRADECIMIENTO PARA TI Y PARA “O POUSO” AGRADECIDO DE DISFRUTARLO Y DE DEJARME TRABAJAR EN ALGO TAN IMPORTANTE PARA TI.
ALGO QUE QUIZAS AGRADEZCA MAS DENTRO DE UNOS AÑOS YA QUE ALIMENTARA ESA ADICCION, “O POUSO” FORMARA PARTE DE MI PASADO, AGRIDULCE LA VIDA, PERO BALANCE AGRADECIDO.

Comentario por MANUEL SUAREZ

Son eu a que está feliz e agradecida por compartir esta adicción, porque pintaras o pouso, ese
que nunca viches/ que agora palpo.

Extraordinario.

Comentario por dorestembras

Foi todo un pracer poder escoitar o Pouso da túa voz.
Emocionante, pero non menos que esos anacos de Elah de fai anos.
Todo un pracer ver o teu traballo recoñecido.

Comentario por Vane

Ai, o nome de Elah facía tempo que non soaba…que recordos. Si, Elah estaba aí, argallando o pouso.

Comentario por abm

Alégrome moito Dores do teu sentir co teu “Pouso” particular, aínda que todos levamos un con nós. Ti amosáchesnos o teu, facendo do teu primeiro libro, un libro de agradecementos, como o faría un bo escritor de vida literaria dilatada ao final dunha exitosa carreira. Pois ti fixéchelo ao revés, porque vés sendo ti. Sentida, delicada, profunda e sensible a cada momento. Non podería ser mellor presentación da Dores literaria, a que lembra a todo o mundo, a todos os que construíron o seu mundo, no seu espertar público poético. E mesmo se lembra do “berro” profundo, seguro que súper agradecido, daquela muller, un venres, dicindo en voz alta que ela tamén é a nena do río d’abaixo. Eu non son a nena do río d’abaixo, pero gustaríame telo sido. Noraboa, pequena, noraboa.

Comentario por maria

Ohhhhhhhhh!! Que fermoso comentario maría. Que emocionante! Grazas mil. Que lindo compartilo.

beixos e beixos

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s