Sucos: blog de Dores Tembrás


Gelman na Coruña
22/04/2010, 22:27
Filed under: Evento, poesia, presentacion

A primeira vez que lin a Juan Gelman tiña 20 anos: exilio, memoria, perda, verdade, xustiza, compromiso. El hambre se sentaba a la mesa/miraba oblicuo. O deslumbramento polo nome daquel grupo poético “El pan duro”, el pan duro pero luminoso de la nueva poesía.

Con motivo da súa visita á Coruña (para receber o Premio de escritor galego universal outorgado pola AELG, e da súa intervención no III Encontro Cidade da Coruña) tiven a sorte de dar unhas sesións sobre a súa figura e a súa obra  en cinco clubes de lectura  das bibliotecas municipais. A experiencia foi excepcional. Ter a oportunidade de falar de Gelman, ni a irse ni a quedarse, a resistir, de ler poemas e soletrear cada palabra. Os asistentes, lectoras e lectores entregados, fixeron desas horas un acubillo único e inmellorábel para a obra de Gelman. E falamos de poesía e política, e do que si e do que non. E a fame é tamén aquela outra, a concreta, a da muller que me conta o que era partir na posguerra. E o exilio que nos trouxo a estoutro, o que aquí, o que agora. Pero as cerezas, e os buñuelos de tía Fran, ou a beleza que todos aplaudían, aplaudíamos, deslumbrados.

Emoción.

E daquela chega o luns e Juan Gelman, gentleman, pausado, a falarlles na Real Academia Galega, na rúa Tabernas, a contarlles de viva voz, coas palabras que só el coñece. Expectación. E eu non podía evitar mirar nos rostros cando o poeta  le o que nos líamos días antes, e eles, nos, cómplices, asentindo, sorríndonos, fechando os ollos, porque debaixo das palabras de Gelman, estaban as outras, a nosas, as deles, as da sesión. E eu que desexo que coñezan ao poeta. Hai poetas e POETAS, digo nos clubes de lectura, e el é dunha honestidade coa palabra que só algúns mestres conseguen.

E despois dos aplausos, as sinaturas. Un dos asistentes achégase co dossier fotocopiado da sesión, emocionado para que o poeta llo asine xusto baixo o poema Proposiciones.  E eu, eu, que non podo máis que sentir que aquilo que lles anunciaba nos clubes se fixo verdade, todos infectados de poesía. Si, si, agora que coñecemos as Confianzas do poeta, pertencemos ao clube dos que saben que con estos versos si harás la revolución.

Afortunada de coñecer a Gelman, de falar brevemente con el de Pizarnik. Afortunada, honrada, de que a súa obra me levase a coñecer a tanta lectora e lector apaixoado de poesía. Extraordinario.

urante dúas semanas
Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Extraordinaria a túa descrición. Oportunidade única de escoitar a Gelman, mágoa de non ter estado. Eu coñecín a Gelman moito máis tarde, cando lle deron o Cervantes, e o seu discurso na entrega do premio é…inesquecíbel. Soberbio e emocionante Gelman.

Comentario por abm




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s