María Lado. Kirmen Uribe.
Eu só lera a obra de María Lado. Unha boa amiga agasalloume berlín hai anos. E de súpeto era tan próxima aquela poesía, algunhas referencias irmás, aquela frescura que me resultaba irresistíbel. Pero todo o mundo me dicía que tiña que escoitala, que en directo os poemas eran tridimensionais. En efecto. Escoitala é iso, ver como as palabras pasan de bimbios a cesto. E o poema final que quixen facer meu ata o último verso.
Con Kirmen Uribe foi distinto. Eu lino hai relativamente pouco e xa o precedía o Premio Nacional de Crítica, xa o avalaba unha inxente cantidade de recoñecimentos internacionais. Isto tamén pesa á hora de ler. Atopei unha delicada contundencia na factura dos poemas, unha luz morna que deixa o peito entre livián e fondo. Así foi onte tamén a súa lectura. E unha proximidade natural que remite á excelencia. Un encontro sinxelo coa verdade da palabra.
2 Comentarios so far
Deixar un comentario
que cousas tan bonitas, dores. gracias :)
Comentario por mariademallou 21/04/2010 @ 10:46A min Berlín achegoumo tamén unha amiga e gostei del:)
Comentario por abm 21/04/2010 @ 23:07