Sucos: blog de Dores Tembrás


Poetas di(n)versos IV
24/02/2010, 02:26
Filed under: poesia, recital

José Luis Peixoto. Miguel Anxo Fernán Vello. Dúas voces, dúas emocións, un sentido.

Xa sei que falei noutras ocasións de Miguel Anxo Fernán Vello, pero hoxe foi un verdadeiro pracer escoitalo. Máis aló das miñas debilidades (interésame moito a profundidade do concepto de beleza na súa obra, e ese primeiro poemario de adolescente brillante e  lúcido sobre o desexo, que segue sendo unha referencia actualísima a pesar de ter case trinta anos) o poeta de Cospeito agasallounos hoxe con ese preciso dicir do poema, coa cadencia que alenta cada palabra, coa verdade atravesando os textos. Sen esquencer esas transparencias magníficas penduradas nos versos últimos. Así leo eu a Fernán Vello e así puiden escoitalo hoxe.

José Luis Peixoto. Descuberta. Descuberta. Máis aló dalgúns textos soltos que lera na Rede, e da paixón dunha amiga poeta que fala del coma un escritor brillante, non tivera nunca a oportunidade de determe nel coma hoxe. Aquí é onde os directos ofrecen esa dose de proximidade única. Escoitalo. Sen palabras. Ao remate de cada poema exhalacións profundas en tódalas cadeiras de arredor. Dende o primeiro poema o público rendido, rendido, e as postais, e as paisaxes que non sabes se son dentro ou fóra, as irmás, e un amor que me pareceu novo, sen tópicos. Magnífico.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Eu tamén puiden disfrutar cos seus versos aquel dia; ali descubrin a Fernán Vello; mais ben a súa poesía. A súa pluma, coa que asina os libros dalle un toque especial. CANTAS cousas en común ou tal vez sexa casualidade ;)

Comentario por Andrea Gestal González




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s