Sucos: blog de Dores Tembrás


As trampas do pasado
28/01/2010, 11:26
Filed under: creación, misc

Por mor dun proxecto no que estou, hai uns días tiven que consultar uns apuntamentos da carreira. Só pensalo xa me metía medo. Subir ao faiado e mirar nesas caixas de froita cheas de carpetas e cadernos. Máis que medo, pánico. O que acontece con estes flash-back, aos que son adicta, é que nunca sabes como vas baixar do faiado, se pletórica ou deprimida. Alí está a miña vida en formol.

Subo coa intención de consultar os apuntamentos pero, para chegar a eles, antes teño que apartar a caixa da cociña smooby, a bolsa plástica coas nancys, os sacos de roupa dos anos 80, aquelas botas de goma vermellas do número 27 roidas por un can, as caixas cos adornos de nadal… e ata un bombo do ariel dos anos 70. Pero non hai tempo para melancolías, concéntrate nas caixas dos apuntamentos.

O que acontece é que enriba de todo están os arquivadores do instituto (hoxe non me permito falar das caixas coas fichas de párvulos, os primeiros cadernos de caligrafía, as guías de lectura con esa letra sublime ma-ma me mi-ma).
Non me resisto e miro os apuntamentos do instituto primeiro, hai máis de quince anos daquilo. Teño a mesma letra, case. Xa usaba post-it compulsivamente, atopo fotocopias de poemas entre os cadernos,  recortes de prensa con monográficos de poetas, e os dossiers de filosofía tal e como os deixei a véspera de selectividade.
A sacudida é brutal, pasaron máis dunha ducia de anos, e no fondo sego a ser a mesma. Quero pensalo. Pensoo.

Se iso non fose abondo, esta semana no facebook, convídanme ao grupo da escola, San Francisco Xabier 1985-1993, 8º C (con foto de grupo incluida).
E aí si que estamos cambiados, as fotos, traidoras, que fan que queira anegar en formol aquela visión dos compañeiros coma  nenos que aproveitaban as sesións de flúor para facer das súas.

Tocada e afundida.
Unha tregua, si? E menos aleivosía.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

a cociña smooby…….siiiiiiiiiiiiiiii

Comentario por osondaxordeira




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s