Sucos: blog de Dores Tembrás


Queremos galego no Obradoiro
22/01/2010, 00:38
Filed under: Lingua

Foi emocionante, esperanzador. A Alameda tomada por rapaces e rapazas, crianzas, mestres, escritores, artistas, por cidadáns que saimos á rúa ao berro de queremos galego.

Non é só que se enchera o Obradoiro, que quedara xente e xente por entrar cando a manifestación xa se dera por rematada, non é que o ruxido da praza fixera tremer as lousas, non é que os cidadáns quixeran seguir escribindo, un xoves á mañá calquera, a súa historia.

É que a nosa lingua, hoxe, outra vez, tiña quen a valera. Porque os que estabamos alí (e tantos e tantas que non puideron achegarse, pero que tamén estaban) somos valedores do galego. Tanto tiña ter ficado en silencio ou a berros alí, na praza, porque o que conmovía hoxe era iso, xuntarnos todos para recoñecérmonos.

Entre a euforia e as emocións máis contidas, hoxe valedores todos da lingua: crianzas con globos, mozas con pintadas, anciáns con cartaces furados nos paraugas, familias enteiras abandeiradas con autocolantes, e o caloriño aquel, alí, tan xuntos.

Quédome con isto, con ter feito Santiago noso, romeus da fala, preparados para o que veña.

Advertisements

3 Comentarios so far
Deixar un comentario

Deixote unha imaxe da mañá de onte. Un neno de catro ou cinco anos, as mangas do xersei un pouco longas, megáfono de xoguete,ao berro de : queremos galego, queremos galego!
Ás veces un ten a sensación de que vai a estas cousas para non se sentir só.
Unha aperta!

Comentario por Berta

Estar ali, ser unha mais

Comentario por abm

Si que foi emocionante e esperanzador!

Parabéns en xeral pola páxina. Paso a incluírche no meu blogroll. Unha aperta e moita forza!

Comentario por Carlos Callón




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s