Sucos: blog de Dores Tembrás


Poetas di(n)versos III
20/01/2010, 10:05
Filed under: poesia, recital

Emoción. Conmoción. Joan Margarit, Xosé María Álvarez Cáccamo.

Dous poetas,  palabra a palabra. Un encontro sen contencións, abrindo fendas, dous cómplices convidándonos á verdade da poesía (valla a redundancia). Un diálogo de poemas con ida e volta, sen pudor. E nós alí, concéntricos, paralizados.

Margarit. Non hai intuicións que vallan, el vai soltando presas de verdade no poema, ás veces ese último verso que acaba con unha, que te desarma, obrigándote a fechar o libro para prolongar a percusión. A honestidade, e a dignidade, e a vida tan así, nas súas palabras.

Cáccamo. Penso en O lume branco. Pero onte, ademáis, escoiteino falar da cidade (do Vigo que me amosa na súa poética) e ese río da infancia, tentándonos a todos. Non podía ser doutro xeito que rematase Cáccamo falando da mentira, do engano. Poñendo a cada quen no seu sitio. Foi un pracer escoitar na súa voz esas transparencias magníficas que consiguen algúns poetas dos oitenta, ante as que me descubro.

Un encontro, sen tópicos, emocionante.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Debeu ser ben interesante. A min, de Cáccamo gustoume o libro que dedicou ao pai e que titulou, “Tempo do pai”. O primeiro capítulo é absolutamente delicioso, explicando como o primeiro que lembra é a cunca das mans do pai collendo as súas, para poñelas debaixo da billa e lavarllas. Unha imaxe de amor perfecta.

Comentario por náufrago




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s