Sucos: blog de Dores Tembrás


Pasa que
15/01/2010, 00:29
Filed under: Lingua

O que estou a pedir que se faga coa miña lingua, coa miña, co galego, non forma parte de ningunha conspiración organizada por uns poucos esquizofrénicos, non se trata dun berrinche de malcriada. Claro, isto que semella unha obviedade, podería non selo. Quero dicir, hai tanta, tanta xente que pensa que non hai ningún problema co galego…

Fico estremecida cando penso que, hai uns días, un carteiro que me traía un lindo paquete de nadal me pide o dni e digo:

– vintaoito setecentos vintatres setecentos oito (claro que é inventado)

e el repite mentres anota:

– veintiocho, setecientos veintitrés, setecientos ocho.

Agora o nome, xa estou preparada:

– Dores Tembrás  (non vou falar de cando pido algo por teléfono e deletreo como mínimo tres veces o nome e outras tres o apelido. Nostalxia da agudeza auditiva dos suecos, que  o pronunciaban perfectamente á primeira)

Cara de susto do carteiro

– cómo?

– do-res, tem, con t, brás, con tilde no a.

repite:

– do-res, tem- bras.

Está estupefacto, como se eu fose un ser extraordinario e, para decodificar a miña lingua, precisase de toda a concentración. Estou contenta polo paquete, pero cando lle pregunto onde asino, dime:

– firme aquí, por favor.

Daquela non me resisto e dígolle:

– mire, vostede é de aquí? É galego?

– si, soy de aquí, pero no entiendo el gallego.

– aaah, e que como traduce todo o que lle digo.

Gustaríame voltar feliz e serena do nadal, escreber un post sobre calquera outra cousa (madalenas, por exemplo), coa normalidade que non teño. Pero pasa que hai xente, tanta xente que aínda cre que non é preciso saír á rúa a pedir o que é noso (penso nun dos últimos post do blog de Francisco Castro).

Quero o que é meu, quero que el o teña, quero galego.

Advertisements

3 Comentarios so far
Deixar un comentario

miña dores,

é tan habitual…case un clásico esto que contas. imaxínate as que paso eu con iso de: “y antía…..es antonia en castellano, no?”

(moitas ganas de verte e de coñecelos a eles)

mua

Comentario por osondaxordeira

Cantas veces, si, me leva acontecido algo semellante! De feito, aínda é bastante habitual que o Xosé que pronuncio me veña de volta como José ou Xoxé ou Soxé. Mesmo ten habido veces que me catalanizaron como Josep [todas as periferias reducidas ao cumún denominador… e punto pelota].
Intento levalo con paciencia e con certo espírito pedagóxico. Hai ocasións nas que me costa non alporizarme, pero son momentos nos que evoco a Jesús Vázquez Abad, o estoico conselleiro de Educación (ver minuto 1:16)

Comentario por xdafonte

Que me vas contar Xosé!! O video xenial :) Moitas grazas

Comentario por dorestembras




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s