Post Scriptum
4 Comentarios so far
Deixar un comentario
Pensaba que co ano se fechaba o pouso, pero semella que non. O mesmo día que publiquei o último post aparecía en Culturagalega.org outra lista dos mellores libros de 2009, nela Lorena Domínguez Mallo fala do pouso. E hoxe, en El Correo Gallego J. Miguel A. Giráldez fai unha xenerosísima e fermosa crítica do poemario.
Non hai mellor comezo de ano. Obrigada.
4 Comentarios so far
Deixar un comentario
O pouso tende pontes entre os dous anos:)
Comentario por abm 03/01/2010 @ 17:15E non será a derradeira, xa verás. O teu poemario ten aínda moito percorrido por diante. E coma o fume, expandirase ata ocupalo todo. Parabéns.
Comentario por náufrago 03/01/2010 @ 22:08Noraboa Dores. Non che deixan nin respirar. A ver se o le todo o mundo dunha vez, e cotizas, ao igual que a miña sinatura. A verdade é que ignoraba que houbese tantos críticos literarios en galego. Supoño que moitos tamén son escritores. En calquera caso, o dito, parabéns. E reparte un pouco da túa boa estrela entre nós tamén, se seica se pode. Bicos.
Comentario por maría rodríguez 04/01/2010 @ 22:15Os meus parabéns. Pola sembra e por estarecollida. Estou segura que aínda están por chegar máis froitos a tantos anos de amor ás cousas e de disección da realidade. Apertas e bicos. Moitos.
Comentario por Vane 13/01/2010 @ 19:01