Hai días así, nos que unha sabe que todo vai sair ben, que nin o frío do norde máis norde, nin a choiva, nin o vento van impedir que un grupo de amigos se reúnan arredor do pouso.
O de onte non foi unha presentación ao uso. Foi un encontro íntimo. Presencias e ausencias que se leron, que lin.
Miguel Anxo ruborizándome con todas aquelas cousas lindas que dixo do pouso e de min. O fume, o libro primeiro, a promesa, a irrupción, a memoria, as outras poetas, Olalla Cociña, Olga Novo, María Lado…Eu tan agradecida, el non sabe ben.
Eva Veiga, irmá tisnada, cómplice compartindo nais modistas, avós Culas, canelas, remalladora, terra. É dificil contar a extraordinaria xenerosidade desta mestra, onte volveume agasallar cun discurso distinto ao daquela primeira presentación, lendo sobre todo as mulleres, os silenzos, descubrindo enxertos, sinalando detonacións. O de onte pagou tanto a pena por escoitala. E despois esa entrevista improvisada, deliciosa, os comentarios, a emoción.
Por suposto que había galletas, con tódalas letras do título, lazos vermellos. Cinta no pulso. Onte en Culleredo, toda a memoria.
Grazas a Tino Poza e a todo o seu equipo de cultura polo convite, pola súa labor incombustíbel. Grazas a todos os que fostes, imprescindíbeis.
2 Comentarios so far
Deixar un comentario
Debeu ser moi fermoso. Esas galletas, coma versos, teñen unha pinta estupenda e unha presenza sublime. Parabéns, Dores, telo ben merecido.
Comentario por náufrago 17/12/2009 @ 19:46Si acaso un cafetiño para facelo redondo: galletas, cafe e palabras… O certo é que cada vez mais o teu pouso é pouso. Parabens
Comentario por Alfonso 17/12/2009 @ 21:44