Sucos: blog de Dores Tembrás


Poetas di(n)versos II
16/12/2009, 13:22
Filed under: poesia, recital

O encontro con Luz Pozo e Luis García Montero foi como tiña que ser. Dúas presencias serenas, compartindo altura poética, admiración.

Todos sabedes da miña devoción por Luz Pozo, o afortunada que me sinto de coñecela, de escoitala sempre que podo, recitando, contando. Onte agasallounos con textos novos de dous libros que está a escreber. Un verdadeiro pracer saborear o que está recén saido do forno.

A dama das letras, escintilando na noite, falando de Rosalía, do amor máis definitivo, dos botóns. Voz elegante e certeira, pilar fundamental da nosa literatura.

Montero. El é así, coma nos seus poemas. Foi na carreira que o lin por primeira vez. Onte, mentres escoitaba os seis ou sete poemas cos que nos derrotou, pensaba nesa vez primeira, no primeiro texto, e claro, onte foi poñerlle voz, as ssss do sur e un éxtase poético atravesando o frío.

Foi un pracer saudalo, impecábel, exquisito. Mirábao asinar os libros (a man entintada en lila) pensando que non sospeita tódalas noites que pasei lendoo.

O de onte foi un deses encontros poéticos verdadeiros, para lembrar sempre. Afortunada. Feliz.

Advertisements

Deixar un comentario so far
Deixar un comentario



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s