Sucos: blog de Dores Tembrás


A boca da literatura
13/12/2009, 13:18
Filed under: Evento, Literatura

Os que seguides o blog xa sabedes da miña profunda admiración por Manolo Rivas: os encontros, o poema Boh, as sinaturas de libros.
Onte ás 12:00 asistín ao acto de ingreso do escritor na Real Academia Galega. Non podo, nin quero, facer unha crónica exhaustiva do acontecimento, confórmome con pequenas faíscas do que foi, do que sentín.

A entrada de Manolo Rivas no Salón de actos do Paraninfo, acompañado de dous académicos. A flor de toxo na súa man, tan necesaria e luminosa.
Todo o auditorio en pé. Cheo.
Avalancha de fotógrafos. E el tan coma sempre, sinxelo, humilde, carismático.
O discurso. O discurso foi simplemente brillante, estarrecedor, destes encontros coa palabra que conmoven o espírito. A poesía rebordando daquel ventanal ao mar, a buguina, o humor, a memoria, o drama máis agudo das pequenas anécdotas, do que el é mestre (veume á memoria unha  nota que tomei sobre a súa obra hai xa anos: dinamita emocional os contos de Rivas).

O escritor levounos da man pola súa vida, obra, lecturas, referentes, ideais, tantas bocas da literatura. Un discurso tecido coa minuciosidade dun cobertor de liño. Extraordinario.

Sentín que estaba a viver algo histórico, algo que lle contaría aos meus netos. E bebia das palabras de Rivas, querendo que aquilo non rematase nunca. O auditorio entregado, cómplice. O estalido final en aplausos, que se demoraban no recoñecimento.

El é unha das máis exquisitas e necesarias bocas da literatura. Deixovos as súas palabras ao remate, esas que non recollen o discurso escrito que teño nas miñas mans: Saúde, Terra e Liberdade para sempre.

Advertisements

6 Comentarios so far
Deixar un comentario

Falas ti e falan os corazóns de todos, que bonito!
Conseguinche un pastelinho pero xa marcharas…
Roubo a foto para o Caralibro, vale?
beixos

Comentario por Rosa

Falas ti e falan os corazóns de todos, que bonito!
Conseguinche un pastelinho pero xa marcharas… comino eu.
Roubo a foto para o Caralibro, vale?

beixos

Comentario por Rosa

Mágoa non ter estado. Tería gozado moito. Manuel Rivas é un faro e un guieiro para todos nós.

Comentario por náufrago

Comparto absolutamente o espíritu e a esencia do teu artigo. A presentación do seu libro plurilingüe “A desaparición da neve” foi espectacular. Aproveito para recomendalo xunto co cd que o acompaña con Pulpiño facendo os acordes musicais. http://www.youtube.com/watch?v=YF36dFIWPf4

Comentario por CARPENTER

Confío en que sexa un soplo de aire fresco para a Real Academia. O evento tivo que ser precioso precioso. Un bico

Comentario por abm

…sei que houbo piñas para conseguir os pasteliños, eh? jajaja

Comentario por abm




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s