Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo. Este é o título do libro de Álvaro Negro que se presentou onte no MACUF. Unha pequena xoia de imaxes e palabras. Os textos de Celso Fernández Sanmartín (a quen nunca lle agradecerei suficiente a súa obra, os seus agasallos, a lectura cómplice do relato no banco), Chus Pato (Urania sempre), Carlos Negro (E onde madre só ve galiñas poñedoras de ovos, / eu sei da elegancia de porcelana dos cisnes) e Álvaro Negro (inexcusábel pasar a ver as fotos da exposición).
Onte, as imaxes e as voces encheron a sala, foi un pracer estar alí, escoitando os vencellos íntimos que os tres poetas estableceron coas instantáneas de Álvaro Negro.
E agora podería escreber algunhas das notas que tomei mentres os escoitaba, pero mellor non. Mellor que experimentedes o libro, unha beleza.
3 Comentarios so far
Deixar un comentario
To every broken heart
For every heart that cries
Love left a window in the skies
Window in the sky. U2.
Comentario por CARPENTER 11/12/2009 @ 18:22Comentario por CARPENTER 11/12/2009 @ 18:25
[…] desafectada, que se poda concebir. BRUTAL. Carlos Negro, para min o autor de Héleris e co-autor de Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo. Agora con estes cultivos que me esfarelaban as mans, o libro queimando as xemas na noite, a porca […]
Pingback por Carlos Negro, Thomas Bernhard e a miña covardía « Sucos: blog de Dores Tembrás 26/07/2010 @ 22:43