Sucos: blog de Dores Tembrás


Achegarte
29/11/2009, 22:57
Filed under: Evento

Finalmente onte o Achegarte abría as portas para que todos e todas puidesemos desfrutar de innumerábeis espectáculos, obradoiros, stands e encontros. Eu achegueime á tarde a participar na lectura continuada que a AELG nos propoñía aos escritores que quixesemos participar. O que eu non sabía é que tamén se podía ler obra doutro autor. De sabelo a tempo tería lido Carta sen direición, da obra Memorias de Tains, de Gonzalo R. Mourullo.  Foi un pracer sentar nese sillón verde de Gulliver para ler algo do pouso, convertido aquel espazo no salon de té de Alice. Sentín moito non quedar máis tempo, pero a febre, fiel compañeira destes días fixo que me recollese cedo.

Antes de virme para a casa pasei un intre polo kiosko Alfonso, entre outras galerías e asociacións Moret Art ten un espazo realmente acolledor onde  mostra a obra de magníficos artistas como Álvaro de la Vega, Manuel Suárez, Xurxo Gómez-Chao, Héctor Francesch, Tono e Miguel Piñeiro. Sempre un pracer desfrutar do seu traballo.

Hoxe á mañá achegueime outra vez por alí, estiven dando unha volta por todo o recinto, curioseando nos stands, e entre eles o de Pista Catro Productora de Soños, os da extraordinaria obra KAMIKAZE. Eu fan, fan, fannatic. Rendida aos seus pés. Por favor, que non deixen de repoñela e repoñela ata que non quede ninguén sen desfrutala, si?

Despois estiven asinando exemplares no stand de Edicións Espiral Maior, saudando a amigos e desfrutando dos reencontros.

Parabéns á organización, a tódolos voluntarios que fixeron posíbel esta feira da cultura! A pesar da febre, ogallá tódalas fins de semana tivesen algo de Achegarte.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

O Achegarte é todo un exemplo de como a sociedade civil, cando quere, fai as cousas e as saca para adiante. Parabéns tamén para ti.

Comentario por náufrago




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s