Sucos: blog de Dores Tembrás


O público máis esixente
24/11/2009, 13:40
Filed under: poesia

Esta quincena celebran unhas xornadas de conta-contos na gardería do meu fillo. A actividade consiste en que os pais que queren apúntanse e levan un conto para lerllo aos pequenos. Eu preguntei se podía levar poesía.

Asi que hoxe ás dez e media levei dous libros FERMOSÍSIMOS, o de Yolanda Castaño, Cando eu saiba ler, ilustrado por Xosé Tomás, e o de Poemas con piruleta de Carlos Fontes, ilustrado por Leandro Lamas. Ambos da Colección Tartaruga, da editorial Galaxia.

Non lembro estar tan nervosa ante ningún público. Alí todos sentadiños, agardando polo conto, ainda que en realidade foran poemas. Foi xenial. Pero xa podedes imaxinar a dificultade de facerse con eles.  Griliño Cri-Crí/ traenos un iiiiiiiiiiiiiiiiiiii, ou A maxia da vogal é total:/ Coa a berro xa!. Foi unha experiencia tan linda. E cando algúns se animaron a participar pensei derreterme. Desexos infindos de ter as ilustracións a tamaño real para eles. Desexos infindos de repetilo moitas veces. E os aplausos do final, tan delicados coma atronadores.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Poemas, poemas para os nenos!E non haberá un buratiño polo que mirar e desfrutar para a próxima?

Comentario por abm




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s