Sucos: blog de Dores Tembrás


Lingua, traducción, literatura
05/11/2009, 20:12
Filed under: Lingua, Literatura

Vai facer un ano que lin Pig Earth-Porca terra, de John Berger, mestre admiradísimo, gran poeta da terra. Xoán Abeleira é o responsábel da magnífica traducción. MAGNÍFICA TRADUCCIÓN. Non  son quen de escribir o que significou esa lectura na miña vida. Foi unha verdadeira febre, só podía falar de Berger e da súa obra.

Probabelmente Berger tería sido case o mesmo Berger en inglés, lendo o orixinal. Pero neste caso é tal a comuñón entre a lingua galega e o texto,  que pasaban as páxinas e eu localizaba a obra en calquera aldea do interior de Galiza. Ata tal punto que nun intre determinado fálase da emigración da aldea a Paris, e nese momento pensei: pois si que tiñan que ir lonxe. Inmediatamente despois lembraba que o texto transcorre na Alta Savoia.

É certo que isto non acontece con tódalas obras; é certo que poucas veces unha traducción podería pasar perfectamte por un orixinal. Éste é un deses casos.

Pouco despois lin Once in Europa-Una vez en Europa. Non foi o mesmo. Ao mellor tampouco tería sido o mesmo de lela en galego. Iso non o saberei nunca. Fíxoseme inevitábel pensar na importancia que xoga a lingua nunha lectura. Aspiro, desexo ler aos grandes da literatura (tamén aos pequenos), de non ser en lingua orixinal, en galego.

E todo isto porque leo no blog de Fran Castro o seu último post, no que recolle a pregunta que é ser galego. Para min ser galego é tamén ler en galego.

Advertisements

3 Comentarios so far
Deixar un comentario

O sábado, María Reimóndez recolleu o premio de tradución Plácido Castro en Carril e no seu discurso falou da tradución, das mulleres tradutoras e das autoras traducidas. “Tres veces liberdade” reclamaba no título. Falou da necesidade de sacar á luz o que está silenciado, da necesidade de que se escoiten as voces femininas ocultas, e de que ocultas voces femininas o fagan. Con honradez, con todas as palabras, sen modificar nada. E en galego:)

Comentario por abm

Lía fai un momento unha nova sobre un estudio recente en psicolingüística que dicía que “os neonatos humáns prefiren as pautas sonoras típicas do idioma que oíron durante a súa vida fetal, especialmente durante o último trimestre de xestación”, “que captan elementos do que será o seu idioma materno dende o ventre, moito antes dos seus primeiros tatexos” e, aínda máis abraiante, “que dende os primeiros días o choro leva a impronta da lingua dos seus pais e se detectaron diferentes tonos do choro segundo as diferentes linguas”.
Frente ós datos empíricos…
Defender o determinismo lingüístico. A impronta da lingua na percepción da realidade.
Agora ben, defender tamén a calidade das traducións, esas traducións que poden estragar máis dun orixinal. Dende o meu coñecemento do mundo editorial e do mundo da tradución, podo dicir que a práctica cotiá non é nin moito menos idílica. Ás veces sorprenderíanos ver como se perverte o traballo dun escritor (mellor ou peor) na súa propia lingua cando se traslada a outra. E todo por presións de tempo (que son cartos) e inconpetencia das persoas que xuzgan os resultados.
¿Traducir? Si. Pero con pautas de calidade estritas. A ninguén lle gusta que xoguen co seu traballo.

Comentario por Vane

Eu tamén quero toda a boa literatura da mundo na miña lingua.

Comentario por náufrago




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s