Esquiagrafías
4 Comentarios so far
Deixar un comentario
Onte a Revista das Letras publicou Esquiagrafías, 8 textos, un micro-poemario inspirado na obra de Talbot. Estou feliz co resultado, pero sobre todo co proceso.
O meu retrato é do fotógrafo Stéphan Lutier. Magnífica sesión na rúa. Merci por atopar as liñas nas que escribirme.
Os experimentos fotográficos fixenos con meu pai. Complicidade baixo as bombillas vermellas. Dende agora sempre distinto o cuarto escuro, a exposición á luz.
Os textos, en fin, velaí están.
4 Comentarios so far
Deixar un comentario
Está ben eso de xuntar as artes e facer algo más que letras e algo máis que imaxes negativizadas (?). Tereino que ler con calma porque o proceso analóxico da fotografía ten moita miga, i eu sei pouquísimo. É preciso reler para entender mellor. Quizais cando te/nos atope/atopemos, poderás explicarme o que para min hoxe son incógnitas.
Comentario por maría rodríguez 30/10/2009 @ 15:39Parabéns!!!
precioso, dores. tanto os textos como as fotos, un alivio despois dunha xornada laboral complicada.
Comentario por edu 30/10/2009 @ 17:08Que ben que vos guste!! Dores
Comentario por dorestembras 30/10/2009 @ 20:18grazas polo enlace. un beijo. sara.
Comentario por sara jess 31/10/2009 @ 00:28