Galeusca
2 Comentarios so far
Deixar un comentario
A piques de marchar escribo esta entrada sobre o Galeusca 2009, o encontro de escritores cataláns, vascos e galegos que terá lugar entre hoxe e o luns 12 en Arantzazu, baixo o lema “Literaturas minorizadas, grandes retos”.
É un privilexio formar parte da delegación galega de escritores. Coido que serán uns días de posta en común, debate e intercambio enriquecedores. Tentarei facer unha entrada á volta contando polo miudo o encontro.
2 Comentarios so far
Deixar un comentario
foi un auténtico pracer pasar contigo estes días de literatura e posta en común.
teño o fume ao meu lado e ireino lendo esta semana. comentaremos e faremos galletiñas
unha aperta
Comentario por osondaxordeira 13/10/2009 @ 16:10E así coñeceu á nena das cookies. En noites de brétema e palabras elas a confeccionar días de fariña e manteiga.
Inesquecíbel Galeusca.
Apertas grandes, dores.
Comentario por dorestembras 13/10/2009 @ 16:27