Sucos: blog de Dores Tembrás


Homenaxe a Manuel María
07/09/2009, 19:38
Filed under: Evento, poesia, recital

convite_homenaxe_manuel_maria

O martes 8 á tardiña (20:30) celebraremos a palabra do poeta Manuel María no Teatro Rosalía de Castro. No acto, organizado pola Concellería de Cultura e a Fundación Manuel María, ademáis da lectura dos seus poemas na voz de Santiago Fernández e na miña propia, estrearase a obra “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”. Esta obra dramática, musicada por Nani García será interpretada pola actriz María Inés Cuadrado e o cuarteto de clarinetes “Xerión”.

Alí estaremos, baixo a amendoeira en flor, entre sementes de paxaros e verdades de outeiro.

O idioma somos nós, povo común,

vencello que nos xungue e ten en pé,

herencia secular de cada un,

fogar no que arde acesa a nosa fe.

Manuel María

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Noraboa por ese evento no Rosalía, nada máis e nada menos, e aínda por riba para que aproveitasen os teus dotes de recitadora xunto a Santiago Fernández. Cada vez máis arriba. Bicos, bicos.

Comentario por maría rodríguez




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s