Sucos: blog de Dores Tembrás


Santo André de Teixido
24/08/2009, 00:26
Filed under: viaxe

sanandresiños

Pensei, mentres  baixaba, nas veces que ela pasou por alí; viña dende a casa a pé, visitar ao Santo. Pensei no seu cansazo, aló polos días de novembro de hai sesenta anos, no mau tempo, na lama do calzado. E na igrexa, pensei na reverencia, na fe, nas peticións. Hai na casa ainda un xogo de sanandresiños, as cores algo esvaidas, pero verdadeiras.

Despois a auga das fontes, a merenda aló abaixo, mirando mar, sentada nuns penedos. Daquela fora sen os nenos, que eran ben cativos, e quedaran co Tio José, na casa. Habíanlles gustar as roscas. Os pés entalados.

Todo isto pasou alí, os mesmos chanzos son testemuños. Ao mellor, é iso o que me fixo lembrame dela. Pero non, non mintas,  porque ti xa sabías: querías ir, querías facer a mesma viaxe, pasar polo mesmo carreiro, sentar no mesmo penedo, coma se ao darte volta, ela estivera no banco de atrás, na ermida, e puidera coñecer finalmente ao bisneto.

Advertisements

4 Comentarios so far
Deixar un comentario

Hola prima:
Con H porque eu son un sentimental… Noraboa. Por todo. Pola publicacion do teu libro (do que me emocionou especialmente a dedicatoria onde recordabas ás túas aboas), pola páxina web, que ten unha estetica moi chula, e concretamente polo blog, que seguirei con moita atención.
Bicos mil

Comentario por Alfonso Tembrás

Alfonso,

Grazas polos parabéns!! Recén estou descubrindo o teu blog, que tamén seguirei con moita atención, xa estou agardando máis entradas. Aledame moito que gostases do libro e da adicatoria. Seguro que pronto temos ocasión de vérmonos e falar de todo isto polo miudo.

Beixos para todos.

Comentario por dorestembras

Preciosa lembranza e homenaxe. Independentemente das creencias relixiosas, hay lugares simbólicos e místicos e San Andrés de Teixido é un deles.
E ese da foto é Romeu! Meu deus! Ten mans de xogador de baloncesto! Agora comprendo as dificultades de compartir con él un mesmo lugar no avión ;-)

Comentario por vanesa

Estou dacordo con Vane, menudas manazas!A por un triple, pequeno!

Comentario por abm




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s