O pasado luns 10, fechábase a feira do libro coa presentación do poemario Raíz e Soño, de Xabier Seoane. Foi un pracer escoitar as intervencións nesta mesa cómplice: as introduccións de Xan Arias, editor, e de Miguel Anxo Fernán Vello, poeta que presentou esta nova antoloxía de textos relacionados con Oleiros. Escoitar a Seoane.
Non é lugar este blog para renderlle homenaxe ao escritor pola dilatada e exitosa carreira literaria (iso xa o fixo Fernán Vello o luns), pero non podía resistir a tentación de compartir os dous últimos versos do texto Hic et Nunc, que fechan o poemario:
Morreron os arados,
pero quedan os sucos.
Versos envexados, sentenza sabia, ecuación que proxecta un tempo, verdade que agroma en estructura poliforme, terróns da infancia, ferro e terra, avó que deliña a leira con cálculo de arquitecto, e eu atrás, entre os sucos, apañando nas patacas, fechando o funeral.
3 Comentarios so far
Deixar un comentario
Dores, acabo de facerme co teu Pouso do fume :)
Comentario por mica 13/08/2009 @ 12:34Mica (non estou segura de quen és, quizáis unha poeta que naceu tamén no 79?) Aledame moito que gostases das fotos (Grazas por descubrirme un novo nome, nós chamámoslles cirolas, ameixas, abruños). Espero que tamén gostes do poemario, un dos textos fala precisamente delas ;o)
Comentario por dorestembras 13/08/2009 @ 22:17[…] de Xavier Seoane morreron os arados pero quedan os sucos. E volvo a sentir o mesmo que daquela e eu atrás, entre os sucos, apañando nas patacas, fechando o […]
Pingback por Carlos Negro, Thomas Bernhard e a miña covardía « Sucos: blog de Dores Tembrás 26/07/2010 @ 22:43