Sucos: blog de Dores Tembrás


vento, memoria e mulleres
26/07/2009, 23:13
Filed under: Evento, poesia

Homenaxe_Campo_da_Rata

A homenaxe no Campo da Rata foi íntima, dunha emoción contida, verdadeira.

VENTO. Un vento eléctrico acompañou as sentidas palabras de María Xosé Bravo, concelleira de cultura, que deu comezo a un acto adicado á muller anónima, silenciada na posguerra, víctima da fame e o medo, depositaria da memoria e do presente .

Tamén o nordés acompañou as palabras de Xurxo Souto, que ecoaban en Adormideiras. Todos bebendo da súa voz, sendo fugazmente aquela muller do texto-ofrenda co que deu comezo o acto: “A Peineta”. Coma sempre, magnífico comunicador que nos enredou, unha vez máis,  na historia da cidade.

ACORDEÓN. Moncho do Orzán encargouse de poñer a nota distendida coa Foliada da Coruña e, a seguir, con outra peza (texto de Manolo Rivas) á que se sumou na voz Xurxo Souto. Grazas Moncho pola túa música e as palabras.

GUITARRA. Fernando Ceide participou con tres cancións, entre elas Negra Sombra, na que o acompañou Yolanda Balbís, unha das mulleres que propuxo a homenaxe. Estou certa de que Yolanda non esquencerá nunca ese dúo.

Sentínme honrada de participar cos meus textos nunha ocasión coma a do xoves, nun lugar terribelmente marcado pola morte, agora anovado co monumento de Isaac Díaz Pardo, protexidos todos polas palabras de Lorca e Carré Alvarellos. Alí estivemos homenaxeando á memoria, a todas as mulleres que, a través dos tempos, desafiaron á gravidade coa súa resistencia.

Advertisements

Deixar un comentario so far
Deixar un comentario



Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s