Sucos: blog de Dores Tembrás


Scones, cherries & past
21/06/2009, 23:34
Filed under: viaxe

SELFRIDGE&CO

O Ovomaltine da mañá. A segunda pranta do autobús. Camiños con pompas de xabrón.  As primeiras mulleres “manteras” que vin. As caixas de cereixas na rúa, máis carnosas que sabrosas.

O pracer da cerimonia do té, os scones e a confitura de albaricoque.  As bolsas marelas de SELFRIDGES&CO cubrindo Oxford Street: os seus escaparates conmemorando os cen anos. A edición especial da botella que sacou Coca-Cola para celebralo. O recendo da pel dos bolsos máis caros do mundo.

O mercado de Notting Hill: os xoguetes antigos de Honey Jam, as letras de imprenta dun dos postos máis antigos do mercado. Os broches doutro tempo, os encaixes do S. XVIII. Os postos de roupa extravagante, os de alumnos de fashion design  (aquel vestido crú, corte evasé, cuberto de redondeis pequenos da mesma tea) A tenda Jemsen & Ballantine, coma un faiado máxico no que pasar as tardes: vestidos de noiva de época, botellas de vidro antigas, cintas de crespón, fíos de ouro, regadeiras de latón, scraps, velas perfumadas, vaixelas descunchadas, culleres con mango de nacre, baúis onde atopar verdadeiros tesouros, camisóns de fío, tocados con plumas…

Life is the rose’s hope while yet unblown;

the reading of an ever-changing tale,

the light uplifting of a maidens’s veil;

a pigeon tumbling in clear summer air;

a laughing school boy, without grief or care,

riding the springy branches of an elm.

John Keats

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

“Hemos dicho palabras,
palabras para despertar muertos,
palabras para hacer un fuego,
palabras para sentarnos
y sonreír”.

Alejandra Pizarnik. Sacado dun libro de Lingua Castelá e Literatura de 2º da E.S.O.

Comentario por maria




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s