Sucos: blog de Dores Tembrás


Regent’s Park & Notting Hill
17/06/2009, 00:03
Filed under: viaxe

Mirando ao lago

As casas de Dickens camiño do parque. Abbey Road. No Regent’s Park estanques, parrulos e corvos. Vanilla diary ice-cream. As dúas señoras correndo diante das ocas. O grupo de nenas de uniforme xogando ao cricket. A muller que pasa a apisonadora no campo coa música a toda voz. As tumbonas. A parella de anciáns escoitando a radio, vestidos de domingo. As cereixas, ilusión óptica de Bergondiño. O desexo da placa nun banco mirando á lagoa.

En Notting Hill, todas as tendas de antigüidades, as teteiras con rosas de Redouté, o pomo de porcelana dunha porta que deixou de fecharse. Os zapatos de Prada naquela tenda de segunda man, e o bolso de YSL. O seiscentos laranxa na pizzería italiana. As librerías. As postais dos prerrafaelitas, os libros de Kate Greenaway.

The clouds were pure and white as flocks new shorn,

And fresh from the clear brook; sweetly they slept

On the blue fields of heaven, and the there crept

A little noiseless noise among leaves,

Born of the very sigh that silence heaves:

For not the faintest motion could be seen

Of  all the shades that slanted o’er the green.

John Keats

Advertisements

4 Comentarios so far
Deixar un comentario

Que sorpresa! Eu veña chamar á vosa casa para felicitar a Juanjo!
Feliz aniversario para él! Disfrutade desta viaxe. Que placer as fotos, as descricións e, coma sempre, as reflexións! E a poesía! Algún día teremos que facer un seminario íntimo para que me ilustres coas novas lecturas!
Un forte abrazo dende unha Barcelona calurosa e húmida. Nada que ver con esas fotos refrescantes de Nothing Hill.

Bicos

Comentario por Vane

Moi ben Dores, hai fotos!! Esa ventá de tres metros, un luxo!! E os parques de Londres. E Notting Hill, tan bonita, coas árbores, e unha interminable e infinda rúa chea de todo o que un poida imaxinar, de obxectos que atrapan a mirada, que te hipnotizan e transportan ao seu mundo, algúns a outro tempo, outros a outro lugar… Esa rúa de mil soños…Segue camiñando, e seguirás contando.

Comentario por maria

“A little noiseless noise among leaves”. Bicos

Comentario por Ana BM

[…] dicir o marabilloso que é ter un parque tan extraordinario perto da casa se aló non. E penso en hai un ano, na lagoa, nas tumbonas, nas cereixas. E non é un deja vu, […]

Pingback por Nevarada e champagne en Regent’s Park « Sucos: blog de Dores Tembrás




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s