Sucos: blog de Dores Tembrás


Nice things from London
15/06/2009, 16:56
Filed under: viaxe

Fiestra London

Escrebo dende unha linda casiña da rúa Mortimer Crescent. Unha fiestra de tres metros no salón, o sol dando nos pés. Como non hai moito tempo para escribir, estes días propoño listas de cousas que me gustan, listas para lembrar e reler nos días de melancolía.

No aeroporto, unha xaponesa cun lazo teso no moño, branco, minimal. Dende o taxi, os pic-nics, os xogadores de cricket. Na neighbourhood, as árbores centenarias, os esquíos de enfronte, os setos recortados, silence. A casa de conto, acolledora, radiadores de dous metros. No supermercado, tiger bread (encántame), ducias de condimentos e adornos marabillosos para os postres, perlas de chocolate da Barbie (?!), cápsulas estampadas para madalenas, fingerbread…

No paseo, as tendas con encanto, sobre todo as que fan esquina, as casas baixas, os xardíns con nenos, o poundland (o Bang & Olufsen dos cadea cen). De regreso, os fotógrafos agardando a Kate Moss, a herba para xogar e ler. Na comida, a pasta deliciosa rechea de mushroom silvestres, xa dixen a fiestra do salón e o sol nos pés?

But when the melancholy fit shall fall

Sudden from heaven like a weeping cloud,

That fosters the droop-headed flowers all,

And hides the green hill in an April Shroud;

Then glut thy sorrow on a morning rose,

Or on the rainbow of the salt sand-wave,

Or on the wealth of globed peonies;

John Keats

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Estás en Londres!! Dores, conta, conta. Fotos, fotos!! Bicos, bicos

Comentario por maria




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s