Sucos: blog de Dores Tembrás


entrevista no Galicia Hoxe
07/06/2009, 23:46
Filed under: misc, poesia, Pouso

Publicouse onte a entrevista que me fixo Lupe Gómez para o Galicia Hoxe. Agradézolle moito as súas preguntas e todos os mails e sms que intercambiamos durante estes días. Foi un verdadeiro pracer, espero que sexa o primeiro de moitos encontros.  Cando recibín a súa proposta foi unha sorpresa: a tecnoloxía ten estas cousas, nunca ninguén me pedira unha entrevista por sms. E de súpeto pensei: Lupe Gómez poeta, Pornografía, Fisteus era un mundo, a correspondencia con John Berger (envexada ata a médula). Lupe deume a posibilidade de pensar en moitas cousas, algunhas estranas, outras que desexaba dicir, outras que  quedaron ditas pero non sairon. Cantas preguntas sobre o fume, e os poemas, e o libro; e foi tan bonito que alguén coma ela lera o poemario e quixera saber tantas cousas e contalas. Obrigada.


4 Comentarios so far
Deixar un comentario

Felicitacións Dores, moi bonita a entrevista.

Comentario por maria

Gracias a esta entrevista atopeite Dores! ben interesante me parece o teu traballo; fareime co libriño para degustalo polo miúdo.
Un bico,
Ana

Comentario por Ana

Canto tempo que non me pasaba por aquí! E o que tiña pensado ser un instante acabou nunha longa sobremesa de lectura. Parabéns polo blog, polas entradas tan íntimas. E por esa entrevista. Para min foi moi gratificante comprobar como moitas das miñas intuicións despois de leer os poemas.
Continúo por aquí, facendo máis e máis pouso e con ganas de compartir esa intimidade.
Unha moi forte aperta.

Comentario por Vane

Felicitacións, a entrevista e fermosa, íntima, liberada. Seguro que seguirás a recoller anaquiños de palabras(non deixes que se perdan). Achégoche o meu blog. Gústame tanto empezar o día con unha palabra para respirar!!!. Lupe(miña irmá, mandoume o enlace). Bicos
http://xeografiaconesquinas.blogspot.com/

Comentario por ribelma




Deixar un comentario