Sucos: blog de Dores Tembrás


cartas-mails-paquetes
02/06/2009, 16:35
Filed under: misc, petit trèsor

Días en que recibes unha carta-mail-paquete, xusto cando xa non contabas, cando o buzón medio se ría de ti, mirando mirando mirando. E daquela chega, e pasa que esa porta a medio abrir sálvate dun día que te miraba de esguello.

É coma esa froita que gardas para cando todo está no seu lugar, a mellor das laranxas para a sede máis xusta.

Amigo que non me lerás, porque non sabes, coma ti dis, imaxino que imaxinas os pedazos, a couza, o recendo entrándoche amodo, tan lonxe, non si?

Esas palabras sálvanme, e deixanse reler ata o infindo, e non se cansan, de cada vez son máis lindas e máis cómplices, ata que estoupan en confetti.

Que sorte atopalas no buzón, xusto esas que se me agochaban, esas que non unen o pensamento co acto, nin falta que fai, como diría Pizarnik (ou son eu que quero falar por Pizarnik?)

Non hai madalenas abondo para agradecer ese encontro fascinado, só podo comparalo ás primeiras cereixas do verán, ao recendo que anuncia a vendimia, ao momento no que comezas o poema.

Advertisements

1 comentario so far
Deixar un comentario

Sorpresas fermosas que nos fan estremecer. Un bicaso

Comentario por Ana BM




Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s