17 de maio
2 Comentarios so far
Deixar un comentario
17/05/2009, 02:06
Filed under: poesia
Filed under: poesia
días en que me seco no centro
e rodas de palabras baixo a campá
e nada detén as palpitacións
que anuncian a caída
nin sequera os ósos amortecen o golpe
o estalido será o contrasinal
para despedirme das cousas inútiles
dos días sen ceo
das promesas
neses días recollo anacos de palabras
restos acarunchados
que clasifico por tamaño e rugosidade
como a arqueóloga que me designaches ser
desempoo muros sen inscricións
empeñada en destilar caixiñas infantís
mariquitas decapitadas
tardes de cacharriños
papaventos
2 Comentarios so far
Deixar un comentario
O noso sino, roer como ratiñas ata chegar á médula.
Comentario por ABM 17/05/2009 @ 16:46Dores, que alegría atoparte por estas constelacións e cunha páxina tan feitiña, chea de recurtes. Encántame. Lin na túa biografía que xa presentaches a tese de Pizarnik [o último que soubera de ti era que andabas con ela].
E parabéns fondos polo Pouso do Fume.
Tardes de cacharriños… seica estivera este texto naquel recital de tarde-noite en La Cama? Creo lembralo. Creo lembrar todas esas miúdas catalogacións de arqueóloga. Daquela xeira, por certo, gardo unha copia de polaroid [a orixinal perdina] que podo enviarche se queres. Aparecemos todos os do recital.
A miña vida social reducíuse a case un só punto no espazo, ou 3: fillo, mail, blog. De aí que, se cadra non nos veremos fisicamente, mais podo seguirche a pista dende esta capsuliña que botaches.
Unha grande bica.
Comentario por estíbaliz... 18/05/2009 @ 10:08